Heriberto Rodríguez Ozores, nado en Bieite (Leiro) o 18 de febreiro de 1901 e finado no mesmo lugar o 25 de xaneiro de 1964, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Emigrou a México en 1922. Ingresou na masonaría en Tamaulipas, na Loxa Victris nº 1 de Tampico, en 1927. Retornou a Galicia en 1931. Mestre en prácticas no grupo escolar de Maside dende outubro de 1935.Galicia, 21-9-1935, p. 6.El Pueblo Gallego, 12-10-1935, p. 15. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polas súas ideas masónicas e figurar afiliado a unha loxa. Ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 24 de xaneiro de 1938. Foi trasladado a Irún para un intercambio de presos o 28 de xuño de 1938. Pasou á zona leal en outubro. Foi rehabilitado como mestre polo goberno republicano en novembro de 1938,Gaceta de la República, 15-11-1938, p. 567. e colaborou nas Milicias da Cultura. Coa caída de Cataluña en 1939 pasou a Francia e foi internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Exiliouse en México.Solicitudes de refugiados españoles que desean internarse en México. Como consecuencia do proceso de depuración foi sancionado con suspensión de emprego e soldo por dous anos, traslado forzoso a outra provincia e inhabilitación para cargos directivos e de confianza, en maio de 1940.La Región, 8-5-1940, p. 4. Finou en Bieite o 25 de xaneiro de 1964.Necrolóxica en La Región, 26-1-1964, p. 18.

Vida persoal

Casou con Eudosia Estévez González e foi pai de Carmen, Matilde e Emilio Rodríguez Estévez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Heriberto Rodríguez Ozores Expediente personal de Heriberto Rodríguez Ozores Ficha en Movimientos Migratorios

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Leiro Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1964