A Valdería (leonés: Valdeiría) é unha comarca española situada ao suroeste da provincia de León, en Castela e León, España.

Localización

Está percorrida polo río Eria, que dálle o seu nome, e que nace na serra do Teleno para desembocar no río Órbigo, xa na provincia de Zamora. Comprende os concellos de Castrocontrigo, Castrocalbón e San Esteban de Nogales da provincia de León.

Poboacións

Os concellos de Castrocontrigo, Castrocalbón e San Esteban de Nogales está composta coas localidades:

Concello de Castrocontrigo con 5 vilas: Morla de la Valdería; Torneros de la Valdería; Nogarejas; Pinilla de la Valdería; Pobladura de Yuso. Concello de Castrocalbón con 3 vilas: Calzada de la Valdería; Felechares de la Valdería; San Félix de la Valdería. San Esteban de Nogales coa mesma vila de dito concello.

Notas

Categoría:Comarcas tradicionais da provincia de León Categoría:Xeografía da provincia de León