María Josefa Losada Vázquez, nada en Manzaneda o 1 de novembro de 1897 e finada en México, foi unha mestra e política galega.

Traxectoria

Estudou maxisterio. Exerceu como mestra interina en Umoso (Viana do Bolo) en 1912,Gaceta de Galicia, 24-1-1912, p. 2. e en Millarouso (O Barco de Valdeorras) en 1914. Aprobou as oposicións en 1915 e escolleu destino en Rocas (Esgos).La Región, 10-2-1916, p. 2. Foi destinada a Domirón (Narón) en 1932. Militante da Federación de Traballadores da Ensinanza da UGT de Ferrol, foi presidenta do Consello de Primeiro Ensino de Narón en 1936.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendida en agosto;BOP A Coruña, 24-8-1936, p. 3. depurada por non ter fervor a España e non respectar as institucións. Levántaronlle a sanción, pero non o traslado de escola, en decembro de 1936.La Voz de Galicia, 11-12-1936, p. 5. Volveu ser nomeada para a escola de Domirón en xullo de 1937,El Compostelano, 13-7-1937, p. 2. e despois para a de Doniños (Serantes), sendo expedientada por abandono de escola en outubro de 1938.El Correo Gallego, 15-10-1938, p. 1. En realidade foi intercambiada por presos nacionais e pasou á zona republicana. Coa caída de Cataluña exiliouse en Francia, estivo en Canet de Rosellón (Pireneos Orientais) ata que o 12 de xuño de 1939 embarcou para México no Ipanema co home e os cinco fillos,Asilados politicos españoles a bordo del vapor Ipanema arribando a Veracruz o 7 de xullo. En México traballou no Instituto Hispano-Americano Ruiz de Alarcón. Como resultado do proceso de depuración foi sancionada con suspensión de emprego e soldo por dous anos, traslado fora de Galicia por cinco anos e inhabilitación para cargos directivos en outubro de 1942.El Noticiero Gallego, 11-1-1943, p. 2.

Vida persoal

Casou en 1918 con Marcial Fernández Vázquez, e foi nai de Eladio, Amelia, Antonio, María del Carmen e Alfonso Losada Fernández.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Biografía en Historia das nosas mulleres ourensás

Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña Ficha en Movimientos migratorios

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Manzaneda Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en ano descoñecido