Gabby's Dollhouse é unha serie de televisión interactiva estadounidense creada por Traci Paige Johnson e Jennifer Twomey para Netflix e producida por DreamWorks Animation Television. A serie estreouse por primeira vez en Netflix o 5 de xaneiro de 2021. Combina acción en vivo e animación, e conta a historia de Gabby (con voz e representación de Laila Lockhart Kraner) e os seus amigos gatos (chamados Gabby Cats) que emprenden aventuras dentro da casa de bonecas.

Un filme baseado na serie, titulado Gabby's Dollhouse: The Movie, anunciouse en marzo de a través de DreamWorks Animation, e estreouse o 26 de setembro de 2025 a través de Universal Pictures. A maior parte do elenco da serie repetiu os seus papeis para o filme.

Notas

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2021 Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América