A baía Xeorxiana (en , en , en ojibwa: Manidoowi-zaaga'igan ou Waasaagamaa) é unha gran baía do lago Huron, enteiramente dentro do estado canadense de Ontario.

Historia A costa e as vías fluviais da baía Xeorxiana son dominio tradicional das Primeiras Nacións ojibwa ao norte e dos hurón-petun ao sur. Samuel de Champlain foi o primeiro europeo en explorar e cartografar a zona entre 1615 e 1616, e chamouna "La Mer douce" (o mar en calma). Foi chamada "Georgian Bay" (en honor ao rei Xurxo IV do Reino Unido) polo tenente Henry Wolsey Bayfield, da Royal Navy, en 1822.Ketcheson, Graham. A Brief History of Georgian Bay

Xeografía A baía Xeorxiana ten uns 220 km de longo e 100 km de ancho. Abarca uns 15.000 km². A parte oriental desta baía forma parte do Escudo Canadense, a parte occidental da baía desde Collingwood cara ao norte, e incluíndo a illa Manitoulin, Drummond, Cockburn e a illa de St. Joseph, limita coa escarpa do Niágara.

Hai ducias de illas na baía Xeorxiana. A maioría están na parte oriental e coñécense colectivamente como as "Trinta Mil Illas", incluíndo a máis grande, a illa Parry. En 2004, a súa costa foi declarada Reserva da biosfera pola UNESCO.

Galería

Notas

Véxase tamén

Categoría:Baías do Canadá