Para ver o artigo sobre a Banda de Gaitas, véxase Buxaina (banda).

miniatura|Buxainas. miniatura|Estilo libre. Unha buxaina ou un peón é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa o seu centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico. Normalmente utilízase como xoguete, aínda que tamén para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais.

O poder xiroscópico gradualmente diminuirá debido ao rozamento do aire, conducindo a que o corpo se balancee trazando unha traxectoria circular do seu punto de apoio ata que esta sexa maior que o centro de gravidade, provocando finalmente a caída.

O 11 de novembro celébrase o Día do Peón, porque Polo San Martiño, peóns ao camiño La Voz de Galicia, 7.12.2016..

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Bailarete.

Ligazóns externas Why Do We Play With a Dreidel — Top on Chanukah? Enciclopedia Libre .

Categoría:Xogos populares Categoría:Instrumentos de navegación