As provincias españolas en África é un termo que fai referencia ás catro provincias españolas en África, xa desaparecidas, e ás provincias de Santa Cruz de Tenerife e das Palmas.
Estas provincias españolas africanas desaparecidas sonː Sáhara, Ifni, Fernando Poo e Río Muni. Contaron co rango de provincia de España durante a ditadura de Franco. Celebraron as súas primeiras eleccións locais en 1960, cando se elixiron os primeiros procuradores para as Cortes Españolas.
As provincias canarias están baixo o réxime provincial desde 1833.
Provincias españolas africanas desaparecidas Sáhara (1958-1975) miniatura|Escudo da Provincia do Sáhara Español (provincia 51) Abranguía un territorio de 266 000 km² na costa atlántica do Sáhara. A súa capital era O Aaiún. Foi territorio español de 1884 a 1976. A súa población concentrábase principalmente no Aaiún, Villa Cisneros y La Güera. Ademais da economía tradicional saharauí, baseada na crianza, aproveitamento e comercio de dromedarios e cabras, a poboación española, especialmente canaria, dedicábase á pesca no banco canario-sahariano. A maior riqueza do Sáhara Español eran as minas de Fos Bucraa, descubertas por Manuel Alía Medina.
A matrícula dos vehículos era SH.
Debido á descolonización promovida pola ONU, o clima prebélico do que foron expoñentes a Marcha Verde e os ataques do Fronte Polisario, España asinou en 1975 o Acordo Tripartito de Madrid e abandonou o territorio de maneira definitiva en 1976. Dende entón o Sáhara Occidental é un territorio en disputa.
Ifni (1958-1969) miniatura|Escudo da antiga provincia española de Ifni (provincia 52) Creouse tras a guerra de Ifni como resultado do Acordo de Cintra polo que Marrocos anexionou a práctica totalidade de Ifni, agás Sidi Ifni e os seus arredores. Cunha extensión de 100 km², era a provincia de menor superficie de España. A súa capital era Sidi Ifni. A base da súa economía era a importante colonia militar estabelecida na zona, que gozaba de todos os servizos de calquera capital de provincia da península.
A matrícula dos vehículos era IF.
En 1960 foi declarado territorio non autónomo polo Comité de Descolonización da ONU. Tras anos de negociacións, en 1969 España entregou a provincia de Ifni a Marrocos.
Fernando Poo (1959-1968) miniatura|Escudo da antiga provincia española de Fernando Poo (provincia 53) Comprendía as illas de Fernando Poo (actual Bioko), Annobón e outros illotes próximos. A illa de Fernando Poo, coñecida como «a perla do golfo de Guinea», estaba habitada pola etnia bubi, na súa maioría convertida ao catolicismo.
A provincia tiña un clima ecuatorial de elevadas temperaturas e abundantes choivas, que convertían o solo nun lugar moi fértil para o cultivo de cacao, café, plátano e azucre.
A capital era Santa Isabel de Fernando Poo (actual Malabo). A matrícula dos vehículos era FP.
Aínda que houbo presenza española entre 1778 e 1780, en 1843 estabeleceuse de xeito definitivo a soberanía española sobre as illas, e estabeleceuse un goberno colonial en 1858. En 1926 foi unida a Río Muni para formar os Territorios Españois do Golfo de Guinea. A unión rompeuse formalmente en 1959 ao formárense as dúas provincias autónomas. Porén, a rexión permaneceu nalgúns niveis administrativos. En 1964 formouse a Rexión Autónoma de Guinea Ecuatorial. En 1968 a Rexión obtivo a independencia como Guinea Ecuatorial.
Río Muni (1959-1968) miniatura|Escudo da antiga provincia española de Río Muni (provincia 54) Correspondía ao territorio continental da Guinea Española, ademais das illas de Corisco, Elobey Grande, Elobey Chico e outros illotes próximos. A maioría da poboación desta provincia era das etnias pamú, bantú y benga.
De clima ecuatorial, a súa economía baseábase na madeira (sobre todo ocume), o café, o cacao, o aceite de palma, a copra e o caucho. Existiu algo de gandaría (principalmente caprina e ovina), ademais de caza maior de búfalos, antílopes e elefantes.
A capital da provincia era Bata. A matrícula dos vehículos era RM.
O territorio de Río Muni converteuse en protectorado español en 1885 e en colonia en 1900, ano en que un tratado asinado en París con Francia determinou os límites do territorio. Entre 1926 e 1959 foi unificada a Fernando Poo e ao territorio de Elobey, Annobón e Corisco. Tras a formación da provincia, as illas de Elobey e Corisco quedaron incluídas en Río Muni. En 1964 foi conformada la Rexión Autónoma de Guinea Ecuatorial que incluía todos os territorios ecuatoguineanos. En 1968 estes obtiveron a independencia como Guinea Ecuatorial.
Notas
Categoría:Provincias de España Categoría:Historia de España do século XIX Categoría:Historia de España do século XX