Gerhard Goedecke, nado o 9 de setembro de 1906 e finado o 11 de febreiro de 1995, foi un numismático alemán."Person: Goedecke, Gerhard". Münzkabinett. Staatliche Museum zu Berlin.
Traxectoria
Gerhard Goedecke foi un coleccionista numismático especializado en moeda medieval e moderna, sinaladamente nas moedas da cidade de Lüneburg.
Foi coeditor da publicación especializada Berliner Numismatische Zeitschrift.
No ámbito asociativo, foi un dos fundadores en 1951 da daquela denominada Asociación de Sociedades Numismáticas de Alemaña Occidental. Goedecke exerceu como o seu segundo presidente, entre os anos 1956 e 1965,"Numismatische Gesellschaft zu Berlin gegr. 1843". Numismatische Kommission der Länder (numismatische-kommission.de). e foi durante o seu mandato cando se cambiou o nome da entidade ao actual de Sociedade Numismática Alemá."Vorsitzende/Präsidenten der Deutschen Numismatischen Gesellschaft". Deutsche Numismatische Gesellschaft (dng-nnb.de)..
Igualmente, presidiu a Sociedade Numismática de Berlín entre 1981 e 1984, e en 1993 foi nomeado presidente de honra da entidade.Die Numismatische Gesellschaft zu Berlin, Gegründet 1843. Numismatische Gesellschaft zu Berlin, 2018.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Rainer, A. (1992). "Bernd Decker, ein junger pfälzischer Medailleur". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Vol. 41. Nº 9. Páxina 230.
Balan, E. H. (1996). "Gerhard Goedecke (1906-1995)". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Vol. 45. Nº 2. Páxina 17.
Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes