Para outras persoas tamén chamadas Jesús Núñez, véxase Jesús Núñez
Jesús A Núñez Villaverde, nado en Ferrol, A Coruña, en 1957, é un exmilitar, economista, profesor universitario e experto en xeopolítica galego."Villaverde alerta: solo una UE más unida y "adulta" puede soportar la embestida de Trump". En El Progreso. 7 de febreiro de 2025."Curriculum vitae: Jesús A. Núñez Villaverde". Fundación General. Universidad de Castilla - La Mancha (Fundaciongeneraluclm.es).
Traxectoria Nado en Ferrol en 1957, Núñez Villaverde pasou dez anos da súa infancia en Padrón."Los premiados del ‘Lorca, Guerra da Cal, Blanco Amor’ piden más diálogo ante la incertidumbre actual". En El Correo Gallego. 21 de outubro de 2023.
Licenciouse en Ciencias Económicas na Universidade Autónoma de Madrid e é militar retirado, como comandante na reserva. É especialista en temas de seguridade, construción da paz e prevención de conflitos, con especial atención ao mundo árabe-musulmán."Jesús A. Núñez Villaverde. Codirector". Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria (IECAH.org)."Jesús A. Núñez Villaverde. Presidente". Comité Nacuional UNRWA Espaaña (UNRWA.es). "Jesús A. Núñez Villaverde". Casa África (Casafrica.es).
Núñez é codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria (IECAH), con sede en Madrid.
Igualmente, preside o Comité Español da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos (UNRWA) e é membro do Instituto Internacional de Estudos Estratéxicos (IISS), con sede en Londres.
É tamén consultor do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) no ámbito da construción da paz e da prevención de conflitos violentos, e vogal do comité directivo de Encontro Civil EuroMed (ECE), desde a súa creación en 2008.
Nuñez impartiu docencia de Relacións Internacionais na Universidade Pontificia Comillas."Hablamos con Jesús A. Núñez Villaverde". Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria (IECAH.org).
Como divulgador, colabora adoito en diferentes medios de prensa escrita (El País, elDiario.es, infoLibre, El Periódico...), radio (RNE...) e televisión (TVG, TVE, La Sexta...), e tamén escribe no Blog Elcano, dependente do Real Instituto Elcano.
Xunto a Montserrat Domínguez e Enric Juliana, foi gañador ex aequo do III Premio Lorca, Guerra da Cal, Blanco (Amor al Diálogo y la Concordia).
Jesús A. Núñez Valverde é tamén membro do padroado da Fundación Araguaney-Ponte de Cultura.
Escolma de publicacións
(1996). La política exterior y de cooperación de España hacia el Magreb (1982-1995) (con M. H. de Larramendi). Los Libros de la Catarata, Madrid. ISBN 84-8198-182-6 (2004). La Asociación Euro-Mediterránea: un instrumento al servicio de la paz y la prosperidad. Fundación San Pablo CEU. ISBN 84-96144-29-1 (2004). Redes sociales en Marruecos: la emergencia de la sociedad marroquí (con J. García, G. Angulo, D. Mayo e I. Barreñada). Icaria. ISBN 84-7426-667-X (2004). The euro-mediterranean partnership: an instrument for peace and prosperity. Centro de Estudios de Cooperación al Desarrollo, Madrid. ISBN 84-96144-42-9 (2005). Las relaciones de la UE con sus vecinos mediterráneos: entre la frustración y la esperanza. Icaria. ISBN 84-7426-781-1 (2006). La Asociación Euro-Mediterránea: un instrumento al servicio de la paz y la prosperidad. Fundación San Pablo CEU. ISBN 978-8496144293 (2008). La seguridad comprometida: nuevos desafíos, amenazas y conflictos armados (obra colectiva). Tecnos. ISBN 978-84-309-4679-2 (2008). Conflictos en el ámbito internacional: aportaciones para una cultura de paz (con Isaías Barreñada). CIDEAL. ISBN 978-84-87082-38-2 (2008). Estrategia de construcción de la paz de la cooperación española para el desarrollo (con B. Hageraats). Dirección General de Planificación y Evaluación de Políticas para el Desarrollo. ISBN 978-84-8347-045-9 (2009). Terrorismo internacional en África: la construcción de una amenaza en el Sahel (con B. Hageraats e M. Kotomska). Los Libros de la Catarata, Madrid. ISBN 978-84-8319-410-2 (2012). Recomendaciones de la sociedad civil para la consecución de una paz justa en Oriente Medio (con Hanady Muhiar Muñumer e M. Gomis Pérez). Plataforma 2015 y más. ISBN 978-84-940147-2-7 (2015). Boko Haram: el delirio del califato en África occidental. Los Libros de la Catarata, Madrid. ISBN 978-84-9097-030-0 (2018). Dáesh, el porvenir de la amenaza yihadista. Los Libros de la Catarata, Madrid. ISBN 978-84-9097-402-5
Notas
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Militares de Galicia Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Profesores da Universidade Pontificia Comillas Categoría:Politicólogos Categoría:Pacifismo