Primo Roca Novo, nado en Lugo o 10 de novembro de 1891 e finado no mesmo concello o 26 de decembro de 1983, foi un médico e político galego.

Traxectoria

Fillo do médico Manuel Roca Varela. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1916). Foi médico en Salmerón e Castilforte. Especializouse en radioloxía. En 1920 foi nomeado médico da asistencia domiciliaria do Concello de Lugo. Prestou servizos no Exército como médico militar entre 1930 e 1947. En 1934 foi nomeado inspector médico numerario dos servizos facultativos da Policía Gubernativa da provincia de Lugo. Deputado provincial de 1949 a 1958, foi vicepresidente varios anos. Foi nomeado procurador en Cortes en representación da Deputación de Lugo en 1955. Foi vogal do colexio de médicos e presidente da Sociedade Filharmónica Lucense. Socio fundador e presidente da Cámara Oficial da Propiedade Urbana de Lugo (1964-1973). Vida persoal

Casou en Palas de Rei con Pilar García Santos, filla de Julio García Fernández, o 16 de xullo de 1922.La Voz de la Verdad, 18-7-1922, p. 3. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Lugo

Categoría:Nados en 1891

Categoría:Finados en 1983