Petru Pavel Aron (ou Aaron), nado como Petru Aron en 1709 en Bistra (condado de Turda, principado de Transilvania) e finado o 9 de marzo de 1764 en Baia Mare, foi o cuarto bispo da Igrexa católica bizantina romanesa en Transilvania, dirixíndoa entre 1752 e 1764. Traxectoria Primeiros anos O seu pai, Teodor Aron, era párroco greco-católico en Bistra. Logo de rematar os estudos básicos en Roșia Montană, cursou os estudos secundarios no colexio xesuíta de Cluj e posteriormente estudos de filosofía en Trnava; despois foi enviado polo bispo Inocențiu Micu-Klein ao Colexio "De Propaganda Fide" de Roma, onde estudou entre 1734 e 1742. Uniuse a Orde de San Basilio Magno e foi ordenado sacerdote en Roma, o 4 de agosto de 1743.
Notas
Categoría:Nados en 1709 Categoría:Nados en Romanía Categoría:Finados en 1764 Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Relixiosos católicos de Romanía