José Tojo García, nado en Piñeiro (Cardeiro, Boimorto) cara a 1894 e finado en Ortoño (Ames) o 20 de agosto de 1936, foi un político galego. miniatura|250px|Na memoria dos "Homiños de Boimorto", memorial na rotonda dos Batáns (Ames).
Traxectoria Foi concelleiro de Boimorto na Segunda República e elixido síndico. De filiación socialista. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934, foi destituído a finais de outubro xunto co alcalde Pedro López Bodelo e os concelleiros José Cabanas Vázquez e Ramón Vázquez Garea.El Compostelano, 30-10-1934, p. 2. Despois do triunfo da Fronte Popular nas eleccións xerais de febreiro de 1936 foi reposto como concelleiro.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos nove integrantes da corporación municipal detidos por partidas falanxistas, presumiblemente sinalados polo párroco de Boimil e Andavao, Emilio López Freire, en desacordo coas políticas da República contrarias á Igrexa. Foron enviados a Sobrado (Sobrado dos Monxes), onde quedaron recluídos no cárcere durante dous días sen comer nin beber e onde os torturaron. Posiblemente leváronos a madrugada do 20 de agosto de 1936 a Santiago de Compostela, onde non había sitio para máis presos, e dixéronlles que marchasen de volta ou que fixeran con eles o que estimasen oportuno. Decidiron separalos en dous grupos, levándoos a lugares diferentes.
Foi executado en Ortoño (Ames), na curva dos Batáns, xunto con Ramón Enjamio Pombo, Manuel Espiñeira López, Antonio Felpete Budiño, Juan Martínez Bao e José Barreiro Pérez. Os veciños carrexáronos nun carro ó cemiterio parroquial, onde foron fotografados e inscritos como descoñecidos nas partidas de defunción. O cura de Ortoño mandounos soterrar no cemiterio nunha foxa común xunto a un mestre, tamén paseado, de identidade descoñecida. En Ortoño foron lembrados pola xente dende entón como «os homiños de Boimorto».
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Homiños de Boimorto
Categoría:Nados en Boimorto Categoría:Finados en 1936 Categoría:Concelleiros de Boimorto Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido