miniatura|dereita|250px|Praia dos Roques O arquipélago de Los Roques é un conxunto de illas nas antillas menores pertencentes a Venezuela que posúe unha superficie estimada en 40´61 km² e que esta aproximadamente a 176 km ao norte da cidade de Caracas e é un dos principais atractivos turísticos do país, forma parte das Dependencias Federais Venezolanas, é parque nacional dende 1972 e no ano 2001 contaba con 1.300 habitantes fixos (sendo a dependencia federal máis poboada). Ten unha superficie aproximada de 221.120 hectáreas entre marítimos e terrestes, e é considerado o parque mariño máis grande de América Latina.

Os Roques posúe unha estrutura de atol, pouco frecuente no Caribe pero típica do océano Pacífico, con dúas barreiras externas formadas por comunidades coralinas, as cales protexen ao arquipélago das correntes fortes; tamén, unha lagoa interna de augas superficiais e fondos areosos. Este parque está constituído por 42 caios de orixe coralino e un gran número de bancos de area, que van desde dunha considerable superficie, como Cayo Grande de 15´1 km² de extensión, ata o Gran Roque que a pesar de ser o máis poboado só ten 1´7 km² (170 héctareas) de extensión.

Os lindeiros oficiais forman un rectángulo que encerra as seguintes illas e cayos: El Gran Roque Ratas Francia Carenero Sargo La Tiñosa Pepino de Mar Envenenado Mosquito Carbón Carbonero Guarura Felipe Boca Grande Nordeste Pelona Zancudo Sal Garrapatero Chipí-Chipí Pirata e demais caios e augas mariñas dentro do devandito rectángulo.

Los Roques Categoría:Dependencias Federais de Venezuela Categoría:Illas de Venezuela Categoría:Antillas Menores Categoría:Illas do Caribe Categoría:Illas de América do Sur