Brais Martínez Prado, nado en Baiona o 13 de decembro de 2001, é un futbolista galego que xoga na posición de defensa. O seu equipo actual é o Burgos Club de Fútbol da Segunda División.

Traxectoria Formouse na Escola Deportiva Val Miñor, equipo co que debutou o 13 de outubro de 2019 nun partido de Segunda Galicia contra o CD Nieto. O 26 de setembro de 2020 asinou polo Alondras Club de Fútbol da Terceira División. No verán de 2021 fichou polo Bergantiños Fútbol Club da Segunda Federación.

O 6 de xullo de 2022 asinou contrato co Racing Club de Ferrol, naquel momento na Primeira Federación. Tras a lesión do seu compañeiro Fernando Pumar, foi titular habitual do equipo e xogou un total de 28 encontros durante a tempada 2022/23, contribuíndo ao regreso do club ferrolano á Segunda División despois de 15 anos.

O 12 de agosto de 2023, Brais Martínez debutou no fútbol profesional como titular nun encontro contra o Elche Club de Fútbol. Tras dúas tempadas máis co Racing, o 10 de xullo de 2025 asinou por dous anos no Burgos Club de Fútbol da Segunda División.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Brais Martínez en BDFutbol Brais Martínez en LaPreferente.com Brais Martínez en Soccerway

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Baiona Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Alondras CF Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Burgos CF