Harry W. Fowler, nado en Nova York o 26 de decembro de 1920 e finado en New London, Connecticut, o 19 de maio de 1994, foi un empresario e numismático estadounidense que presidiu a American Numismatic Society de 1984 a 1990.
Traxectoria
Harry Spencer Winthrop Fowler naceu en Nova York o 26 de decembro de 1920,Smith, P. (2025). Páxina 154. un dos cinco fillos de Charlotte Agatha Winthrop Cram (1893-1970) e de Robert Ludlow Fowler (1887-1973)."Harry Spencer Winthrop Fowler". Findagrave.com
Cursou estudos superiores na Universidade Harvard, onde se graduou en 1943. Na segunda guerra mundial participou como capitán nun corpo da infantaría británica chamado King's Royal Rifle Corps, de 1941 a 1946."Obituaries: Harry W. Fowler". En The Numismatist. Vol. 107. Nº 8. Páxinas Agosto de 1994. Páxina 1.187.
En 1947 incorporouse, xa no ámbito da empresa privada, á Fiduciary Trust Company de Nova York, e en 1963 ascendeu á presidencia do seu consello de administración, cargo que mantivo ata a súa xubilación en 1982. Tamén formou parte dos consellos de administración doutras compañías de servizos.Smith, P. (2025). Páxina 155.
Paralelamente á súa actividade profesional, Fowler foi un gran afeccionado á numismática. En 1973 ingresou na American Numismatic Society. En 1977 foi nomeado vicepresidente e,"Vice-Presidents of the American Numismatic Society ". American Numismatic society (Numismatics.org). finalmente, en xullo de 1984 accedeu á presidencia da entidade, cargo que exerceu ata 1990,"Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society ". American Numismatic Society (Numismatics.org). cando foi sibstituído por Raymond H. Norweb.
Como investigador, estudoso e coleccionista, especializouse na numismática antiga, sinaladamente nas emisións dos reis bactrianos de Grecia.
Vida persoal Harry W. Fowler casou primeiro con Grace Montgomery e logo en segundas nupcias, o 24 de xullo de 1981, con Emily Gilpin O'Connor (1920-2013).
Fowler finou nun hospital de New London, Connecticut o 19 de maio de 1994, aos 73 anos, e foi soterrado no cemiterio parroquial de Saint Matthew, en Bedford, Nova York.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Smith, P. (2025). "Fowler, Harry W(inthrop)". En American Numismatic Biographies. Páxinas 154-155.
Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Coleccionistas Categoría:American Numismatic Society Categoría:Personalidades sen imaxes