Jesse Douglas, nado en Nova York o 3 de xullo de 1897 e finado na mesma cidade o 7 de outubro de 1965, foi un matemático estadounidense.
Traxectoria Naceu en Nova York, nunha familia de raíces xudías. Asistiu á Universidade de Columbia entre 1920 e 1924. Foi un dos gañadores da primeira entrega da Medalla Fields, outorgada en 1936. Premióuselle pola resolución do problema de Plateau en 1930, que trata sobre se existe unha superficie minimal limitada para unha curva de Jordan. O problema, sen resolver desde 1769, cando Lagrange o propuxo, forma parte do cálculo de variacións. Douglas tamén contribuíu significativamente ao problema inverso do cálculo de variacións. En 1943 a Sociedade Estadounidense de Matemáticas concedeulle o Premio Bôcher.
Douglas chegou a ser profesor no City College of New York (tamén coñecido como CCNY), onde ensinou até a súa morte. Na súa estancia no CCNY só ofreceu cursos de pregrao, estando baixo o seu cargo a cátedra de Cálculo Avanzado. Estudantes de segundo ano (e estudantes avanzados de primeiro ano) tiveron o privilexio iniciarse á análise real dun galardoado coa medalla Fields.
Artigos máis relevantes
Categoría:Medalla Fields Categoría:Matemáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Finados en 1965 Categoría:Nados en 1897