Jacques Schnier, nado en Constancia, Romanía, o 25 de decembro de 1898 e finado en Walnut Creek, California, o 24 de marzo de 1988, foi un escultor, profesor universitario e deseñador de moeda estadounidense de orixe romanesa.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Jacques Preston Schnier naceu o 25 de decembro de 1898 en Constancia, na histórica rexión romanesa de Dobruia, fillo de Matilda e de Benjamin Schnier,"Jacques Schnier". En California Art Project. Vol. 20. Parte 1. Páxinas 27-53. e trasladouse aos Estados Unidos coa súa familia en 1903, cando tiña só catro anos. Criouse en San Francisco, California.Thiel, Y. G. (1960). Páxina 224.Hartman, R. et al. (1988). Páxina 126.
Schnier ingresou en 1916 na Universidade Stanford, na que se graduou en Enxeñaría en 1920, e como enxeñeiro traballou na Hawaiian Sugar Plantation Company en Kauai, Hawai, ata 1923.
Ese ano abandonou a enxeñaría e comezou os seus estudos de Arquitectura na Universidade de California, Berkeley durante catro anos, durante os que tivo os seus primeiros contactos coa arte, e logo estudou un ano na California School of Fine Arts.
Carreira profesional e artística Schnier abandonou totalmente o seu interese inicial pola enxeñaría e pola arquitectura en favor da escultura, unha arte que descubriu na escola de arte e á que pasou a dedicarse de cheo a partir de entón, establecendo un estudio en San Francisco."Obituaries: Jacques Schnier". En Oakland Tribune. 29 de marzo de 1988. Páxina 9. Xa en 1927, Junius Cravens publiocu en The Argonaut o primeiro artigo de prensa sobre a obra de Schnier.
En 1929, Schnier coñeceu a Albert Bender, un dos principais mecenas de San Francisco, que influíu decisivamente na súa carreira. A partir de entón comezou a recibir encargas e a realizar as súas primeiras exposicións individuais. Foi premiado pola Asociación de Arte de San Francisco (1928), pola Sociedade de Belas Artes de Seattle (1928), polo Instituto de Arte de Seattle (1929) e polo Museo de Arte de Oakland (1936 e 1948). Como artista, nesta primeira época Schnier acadou sona pola súa obra en xeso, madeira e pedra.
En 1936, a Casa da Moeda dos Estados Unidos encargoulle a Schnier o deseño do medio dólar da Ponte da Baía de San Francisco-Oakland, unha moeda conmemorativa que honraba a apertura desa ponte que comunicaba ambas as beiras da Baía de San Francisco, que representa no seu anverso a figura dun oso grizzly como símbolo de California e no seu reverso unha visión panorámica idealizada da ponte sobre a baía."½ Dollar San Francisco - Oakland Bay Bridge". Numista.com"1936 San Francisco-Oakland Bay Bridge Half Dollar". American_Numismatic_Association (Money.org)."Bay Bridge San Francisco-Oakland Half Dollar". United States Mint (USmint.gov).
Entre as súas encargas máis destacadas están as estatuas monumentais e os baixorrelevos para a Exposición Internacional da Golden Gate de 1939-1940, o monumento de bronce a John Galen Howard na sala Howard do Faculty Club de Berkeley, ou un baixorrelevo de formigón de case dez metros de altura nunha parede exterior da Berkeley High School.
A súa carreira artística detívose durante a segunda guerra mundial, cando serviu na Forza Aérea dos Estados Unidos, destinado na China. Acabada a contenda, a partir de 1949 abandonou a arte figurativa e concentrouse na forma, traballando en bronce fundido, cobre, tubos de polímero e acrílico tallado.
Ademais, Jacques Schnier foi profesor de Escultura na Universidade de California Berkeley durante máis de 30 anos, entre 1936 a 1966, onde fundou o seu departamento de Escultura.University Bulletin: A Weekly Bulletin for the Staff of the University of California. University of California. 1952. Páxina 68. O seu primeiro cargo nesa universidade fora como instrutor de Modelaxe no departamento de Arquitectura, posto no que sucedeu a Melvin Earl Cummings.Dungan, H. L. (1936). "Berkeleyan Is Exhibitor In S.F. Gallery". En Oakland Tribune. 16 de agosto. Páxina 22
Schnier tamén ensinou na School of Arts and Crafts en Oakland, que posteriormente se converteu no California College of the Arts.100 Years of California Sculpture: The Oakland Museum, Oakland, California, August 7 to October 17, 1982. The Oakland Museum. 1982. Páxina 36. En 1963 ingresou no Instituto de Artes Creativas.
Logo da súa xubilación na universidade en 1966, acadou a súa madureza como creador e pasou a centrarse nos traballos con resina acrílica transparente tallada e puída. A partir de 1981 comezou a traballar tamén co aceiro inoxidable.Hartman, R. et al. (1988). Páxina 127.
As obras de Jacques Schnier forman parte das coleccións públicas de entidades como o Museo de Arte Moderna de San Francisco,"Schnier, Jacques". Sfmoma.org do Museo de Belas Artes de San Francisco"Schnier". Famsf.org e do Museo de Arte Crocker, de Sacramento,"Jacques Schnier". Crockerart.org entre outros.
Entre outras entidades e sociedades eruditas, Schnier foi membro da Sociedade de Artistas Murais de California e da Asociación da Arte de San Francisco.
Outros intereses A dedicación de Schnier non se limitou á enxeñaría, a arquitectura e á creación artística, senón que tamén se interesou profundamente pola saúde mental e da psicanálise, ata o punto de contribuír con traballos científicos nestes campos en revistas como Psychoanalytic Review, Yearbook for Psychoanalysis, International Journal of Psychoanalysis e The American Imago, e durante moitos anos foi membro do equipo editorial de Excerpta Medica, publicada en Ámsterdam. Tamén formou parte do consello de administración da Sociedade de Saúde Mental do Norte de California.Hartman, R. et al. (1988). Páxinas 126-127.
Como autor, tamén publicou varios artigos sobre crítica de arte e sobre a vida doutros artistas.
Vida persoal Jacques Schnier casou en 1949 con Dorothy Lilienthal. A partir dese momento, a parella abandonou San Francisco e estableceuse en Lafayette, con quen tivo un fillo, chamado Claude, e unha filla, chamada Rebecca.Hartman, R. et al. (1988). Páxina 128.
O 24 de marzo de 1988 faleceu no hospital John Muir en Walnut Creek, California, aos 89 anos. Principais exposicións individuais
1949: Oakland Art Gallery (actual Oakland Museum of California), Oakland, California. 1963: Retrospectiva en E. B. Crocker Gallery (actual Crocker Museum), Sacramento, California. 1971: "Transparencies and Reflections", en Judah L. Magnes Museum (actual Magnes Collection of Jewish Art and Life), Berkeley, California. 1975: "Refractions and Reflections", en James Willis Gallery, San Francisco, California.
Publicacións
(1948). Sculpture in Modern America. University of California Press. Berkeley / Los Angeles. (1965). Jacques Schnier: Sculptures (1961-1964). University of California Berkeley Press. (1979). Selected Sculptures 1969-1979. Capricorn Asunder Gallery. San Francisco. (1987). A Sculptor's Odyssey. University of California Press.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Fort, I. S. (1998). Jacques Schnier, Art Deco & Beyond: 60 Years of Sculpture. Mills College of Art Museum. ISBN 978-0963803030 Hartman, R. et al. (1988). "Jacques Schnier, Art: Berkeley, 1898-1988, Professor Emeritus". En University of California: In Memoriam. University of California. Páxinas 126-128. Thiel, Y. G. (1960). Artists and People. Philosophical Library. ISBN 978-0-8022-1710-3
Categoría:Nados en 1898 Categoría:Nados en Constanţa Categoría:Finados en 1988 Categoría:Escultores de Romanía Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Psicólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Stanford Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Profesores da Universidade de California, Berkeley Categoría:Estadounidenses de ascendencia romanesa Categoría:Personalidades sen imaxes