O IES Terra de Turonio, oficialmente IES Plurilingüe Terra de Turonio é un instituto público de educación secundaria obrigatoria e formación profesional localizado na vila de Gondomar (Pontevedra), pertence á rede pública de institutos da Xunta de Galicia.
Historia O centro, nomeado en honor a Turonio, foi fundado en 1999 como Instituto de Educación Secundaria para servir ós centros de educación primaria CEIP Plurilingüe Souto-Donas, CEP Xosé Neira Vilas e CEIP Serra-Vincios, o ano escolar 1999-2000 foi o seu primeiro ano de actividade. No curso 2004-2005 engadíuselle o ciclo de grao medio de Guía no medio natural e de tempo libre, un ciclo de Actividades físico-deportivas que segundo a LOE, impártese en 2000 horas, repartidas en dous cursos escolares. No curso 2018-2019, o instituto adaptouse ao programa eDixgal.
Proxectos O centro participou en varios proxectos dende a súa inauguración no curso 1999-2000. Entre os anos 2008 e 2009, o alumnado do centro levou a cabo o proxecto Ceibes no Monte, centrado nos cabalos salvaxes no territorio achegado ó instituto, con investigacións referentes ó vocabulario do ámbito, a súa influencia na arte, tamén centrado nos curros das zonas próximas. Tamén forma parte do proxecto Ponte... nas Ondas!, que promove unha conexión entre os institutos de Galicia e o norte de Portugal mediante a radio, e o recoñecemento do galego-portugués como patrimonio inmaterial da Humanidade pola UNESCO.
Notas
Terra de Turonio Categoría:Gondomar Categoría:Gondomar sen imaxes