Lidia Veiga Nieto, nada en Arzúa en 1997, é unha actriz galega de cine, teatro e dobraxe. Traxectoria Graduada en interpretación xestual pola ESAD de Galicia, traballou en audiovisual en series como Método Criminal e A Lei de Santos (TVG), papel que lle outorgou un nomeamento á mellor actriz secundaria nos Premios Mestre Mateo en 2021, e en máis de quince curtametraxes distintas. Na súa, aínda breve, traxectoria no mundo da interpretación acumula xa múltiples recoñecementos. Co seu traballo en IRIBARNE, de ButacaZero, gañou en 2025 o Premio María Casares á Mellor Actriz Protagonista, o Premio Maruxa Villanueva de Teatro que concede o concello de Padrón e foi candidata á mellor interpretación feminina nos Premios Max de 2024.
Dende 2023 colabora semanalmente no podcast Exército Mekemeke, programa de humor finalista nos Premios Ondas ao mellor podcast en lingua cooficial.
En 2024, copresentou a Gala dos XXII Premios Mestre Mateo xunto a Miguel Canalejo dende o Coliseum da Coruña. Na gala deste mesmo ano estivo nomeada por primeira vez á mellor interpretación feminina protagonista pola longametraxe Cando toco un animal.
Experiencia profesional
Teatro
Camiños (2018). De Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira. ButacaZero. O Premio (2020). De Santiago Cortegoso e Marian Bañobre. La Quintana Teatro. Un Hotel de Primeira sobre o Río (2023). De Xohana Torres e Elefante Elegante. Centro Dramático Galego. IRIBARNE (2023). De Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira. ButacaZero, MIT de Ribadavia, Centro Dramático Nacional. TROMSØ (2025). De Rafa R. Martínez. Morraoconto. Bibopaula (2025). De Marta Lado. Ainé.
Televisión
A Lei de Santos (2020-2022). Serie. TVG. Como Uxía. Método Criminal (2020-2021). Serie. TVG. Como Gaila. Los Argonautas y La Moneda de Oro (2023). Serie. RTVE, Portocabo e ClanTV. Como Diana. POSCOITO (2024). Serie. Como Patri.
Curtametraxes
Van (2018). Claudia Alonso, Cristina Burgos. Vía Láctea (2018). Ana Campos, Alejandro Rodríguez. Lonxe (2018). Alejandro Rodríguez. Trala Porta (2019). Alejandro Rodríguez. Onde dormen as gaivotas (2020). Daniel Cornes. O que queda de nós (2021). Miguel Gómez Abad. O Faiado Filmes. Doente (2023). Noelia Sánchez. O Patio (2024). Ariadna Cordal. Malaherba e Recrea Films. Algo novo que contar (2025). Paula Pereira. Boca de Asno (2025). Carlos Calvar.
Longametraxes
Reboiras: Acción e corazón (2020). Alberte Mera. Terra e Tempo. El Tirabeque (2022). Darío Autrán. Abismo Caracol. Os Espazos en Branco (2023). Bruno Arias. Serea Films. MATRIA (2023). Álvaro Gago. Matriuska, Avalon e Ringo. Cando Toco Un Animal (2023). Ángel Filgueira. Sétima Producións. Romería (2025). Carla Simón. Elastica Films, Ventall Cinema, Dos Soles Media, Movistar Plus+, RTVE, 3Cat, ZDF/Arte.
Dobraxe
Sandwich Cat (2023). David Fidalgo. Gaita Films e Testaferro. Ponyo no Cantil (2008). Hayao Miyazaki. Studio Ghibli. Cinemar Films. Reestreada en galego en 2025. Personaxe: Sosuke. Ladybug (2025). Thomas Astruc. Studio XXI S.L. Personaxe: Marinette Dupain-Cheng/Ladybug.
Premios e recoñecementos
2019: Premio á Mellor Actriz no Moviescreenpro Film Festival EE.UU. por Lonxe. 2021: Nomeada á Mellor Actriz Secundaria nos XIX Premios Mestre Mateo por A Lei de Santos. 2021: Premio á Mellor Actriz na 18 Edición do Festival de Cans por O que queda de nós. 2024: Nomeada á Mellor Interpretación Feminina Protagonista nos XXII Premios Mestre Mateo por Cando Toco un Animal. 2025: Premio María Casares á Mellor Actriz Protagonista por IRIBARNE. 2025: Premio Maruxa Villanueva de teatro por IRIBARNE.
Notas
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Actores de Arzúa Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia