A Editorial Cervantes foi unha editorial especialmente lembrada pola colección Las Mejores Poesías de los Mejores Autores, na que se publicaron traducións ao castelán de grandes figuras da poesía europea moderna. O seu fundador, Vicent Clavel, tamén é coñecido como o principal artífice do Día do Libro, celebrado por primeira vez en 1926.
Historia
A editorial foi fundada en 1916 en Valencia polo xornalista e escritor valenciano Vicent Clavel i Andrés, quen, poucos anos despois, trasladou a sede a Barcelona. Alí puido contar coa axuda do poeta e tradutor Ferran Maristany i Guasch; entre outras tarefas, Maristany dirixiu a colección de poesía xa mencionada. A actividade da editorial reduciuse tras a morte de Maristany (1924) e cesou por completo coa guerra civil española (1936-1939). En 1945, Vicent Clavel resucitou a editorial, iniciando unha segunda etapa máis adaptada ao contexto comercial e ideolóxico que se prolongou ata principios dos anos 60.
Catálogo A chamada Serie Appassionata, que incluía pezas clásicas da literatura amorosa traducidas polo propio Clavel como La princesa de Clèves, de Madame de La Fayette, ou Adolfo, de Benjamin Constant, foi a colección inaugural da firma. A Biblioteca de Actualidades Políticas figura xunto coa anterior entre as coleccións máis madrugadoras; no contexto da Primeira Guerra Mundial, estreouse con La victoria en marcha (1916), de David Lloyd George, e deu a coñecer numerosos libros de pensamento político. miniatura|Portada dunha antoloxía de la poesía francesa preparada por Maristany|alt=Las cien mejores poesías líricas de la lengua francesa. Selección de Fernando Maristany. Editorial Cervantes. Varias coleccións literarias e non literarias enriqueceron posteriormente o catálogo. A Biblioteca de Autores Americanos reuniu textos do pensador e ensaísta uruguaio Enrique Rodó, o teatro do tamén uruguaio Florencio Sánchez e outros libros de autores hispanoamericanos. Os nomes das diferentes coleccións son bastante explícitos: Biblioteca de Viajes, Otras Obras Literarias, Biblioteca Comercial (libro técnico), Biblioteca Crítica (estudos literarios) e Biblioteca Musical Villar (biografías de compositores), entre outras.
Pola súa contribución ao coñecemento dos grandes nomes da poesía europea moderna entre os lectores de fala hispana, e especialmente entre os poetas españois contemporáneos, Las Mejores Poesías de los Mejores Autores foi recoñecida como unha das coleccións máis relevantes da historia editorial do período. En traducións a miúdo debidas a Ferran Maristany, publicáronse volumes poéticos de autores emblemáticos do romanticismo inglés (William Wordsworth, Lord Byron, Shelley), alemán (Goethe, Hölderlin, Novalis) ou italiano (Leopardi), e tamén de autores máis clásicos (Camôes) ou modernos (o italiano Gabrielle D'Annunzio ou a uruguaia Juana de Ibarbourou). O espírito divulgador manifestouse en varias antoloxías, como o volume de poesía universal Florilegio (1920) ou as escolmas tituladas Las cien mejores poesías (líricas) de la lengua ..., nas que se intenta reunir as mellores composicións da tradición literaria inglesa, francesa, alemá, italiana, portuguesa e española.
Notas
Categoría:Editoriais de Barcelona Categoría:1916