Jacobo González Rodrigáñez, nado en Madrid o 25 de marzo de 1997, é un futbolista español que xoga de extremo dereito ou lateral dereito no Córdoba, da Segunda División.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Las Rozas CF, o Boadilla e o Real Madrid, no que ingresou aos 12 anos. En xullo de 2016 pasou ao Alcorcón B, da Terceira División.
O 20 de agosto de 2016 debutou co primeiro equipo do Alcorcón na Segunda División, nun partido ante o Huesca. En decembro do mesmo ano saíu ao Rayo Majadahonda, da Segunda División B.
Despois dunha campaña no Villanovense, en xuño de 2018 fichou polo Celta de Vigo B. O 27 de xuño de 2020 debutou co primeiro equipo na Primeira División, saíndo como titular nun empate 2-2 na casa contra o FC Barcelona. O 7 de agosto seguinte, asinou por tres anos co Tenerife, da Segunda División, e nos seguintes anos pasou polas filas do Sabadell, o Andorra, o Alcorcón e o Córdoba.
Notas
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do CF Rayo Majadahonda Categoría:Xogadores do CF Villanovense Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do FC Andorra Categoría:Xogadores do Córdoba CF