Julien Guey, nado en Mende (Lozère), o 26 de xullo de 1910 e finado en Marly-le-Roi (Yvelines), o 16 de xuño de 1993, foi un historiador e numismático francés, que ocupou a presidencia da Sociedade Francesa de Numismática entre 1971 e 1973.

Traxectoria Julien Edouard Leon Felix Guey naceu na localidade occitana de Mende o 26 de xullo de 1910."Guey, Julien (1910-1993)". Bibliothèque nationale de France (BNF.fr)."Guay, Julienh Edouard Leon Felix". Fichier des décès (Deces.matchid.io).

Guey cursou os seus estudos universitarios na Escola Normal Superior, onde se graduou en 1930."Guey, Julien (1910-1993)". Persee.fr

Foi membro da Escola Francesa en Roma entre 1935 e 1938;"Guay, Julien". En Annuaire des membres. École française de Rome, 1873-2020. Páxinas 90-91. profesor nun instituto de ensino secundario en Tolosa e despois profesor na Facultade de Letras da antiga Universidade de Lión, entre 1945 e 1947.Lavagne, H. (1993). "In memoriam. Julien Guey (1910-1993)". En Revue des Études Anciennes. Ano 1993, 95-3-4. Páxina 565.

A partir de 1960 foi investigador na École Pratique des Hautes Études, e na parte final da súa carreira foi nomeado director de estudos desta institución, onde impartiu a materia de Numismática.

Durante a súa etapa en Lión escribiu varios traballos acerca da súa historia, así como diversos informes sobre prospeccións arqueolóxicas na contorna da cidade.

Tamén estivo a cargo das antigüidades da rexión Ródano-Alpes, e foi presidente da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia, ata 1977."Discours de M. Julien Guey, président sortant". En Bulletin de la Société nationale des Antiquaires de France 1977. Ano 1980. Páxinas 11-26.

Guey realizou varios estudos sobre numismática, especializados na moeda romana. Foi membro da Sociedade Francesa de Numismática, institución que presidiu entre 1971 e 1973."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org).

Guey finou en Marly-le-Roi, Yvelines, o 16 de xuño de 1993, aos 82 anos.

Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Julien Guey ao longo da súa traxectoria:

(1952). "Les dates de l'avènement de Trajan et de la Victoria Parthica Maxima". En Bulletin de la Société nationale des Antiquaires de France 1948-1949. 1952. Páxinas 116-118. (1959). "La Numismatique en croix". En Annales. 14-3. Páxinas 545-550. (1961). "À propos de la fondation de Lyon : Dion Cassius et le sénatus-consulte d'avril 48 av. J.-C.". En Bulletin de la Société nationale des Antiquaires de France 1959. Páxinas 128-173. (1961). "Exploration spectrographique d'un antoninianus de Caracalla". En Revue Numismatique. 3. Páxinas 51-73. (1967). "Métallurgie des monnaies antiques". En Revue Numismatique. 9. Páxinas 265-268. (1976). "Monnaie et crime de lèse-majesté : correction à Dion Cassius". En Bulletin de la Société nationale des Antiquaires de France 1974. Páxinas 98-108. (1978). "Propos de statistique : quelques échantillons monétaires". En Publications de l'École Française de Rome. 37-1. Páxinas 55-78. (1982). "A propos du poids de la livre romaine". En Bulletin de la Société nationale des Antiquaires de France. 1978-1979. Páxinas 148-149.

Notas

Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados en Occitania Categoría:Finados en 1993 Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Alumnos da École Normale Supérieure Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Francia Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática