Jotham Napat, nado en Tanna o 7 de agosto de 1972, é un político de Vanuatu, actual primeiro ministro do país dende febreiro de 2025.
Traxectoria Entre 2016 e 2022 foi membro do Parlamento de Vanuatu pola circunscrición de Tanna como membro do Partido dos Líderes de Vanuatu e entre 2022 e 2023 exerceu como Ministro de Relacións Exteriores. Tralas eleccións xerais de febreiro de 2025, nas que o seu partido foi o cuarto máis votado, formouse un goberno de coalición e el mesmo foi elixido primeiro ministro polo Parlamento, recibindo o apoio de 50 dos 52 deputados da cámara.
Fóra da política, traballou anteriormente como meteorólogo e presidiu o Comité Nacional de Desastres tralo paso do ciclón Pam en 2015.
Notas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Vanuatu Categoría:Meteorólogos Categoría:Primeiros ministros de Vanuatu