Alicerce é un colectivo político constituído o 16 de novembro de 2024 como corrente interna do BNG de cara á súa XVIII Asemblea Nacional celebrada o 1 de decembro do mesmo ano. O seu voceiro nacional é Gustavo Barcia, candidato á alcaldía de Mos nas eleccións municipais do 2019 e 2023.

Traxectoria Na actualidade contan con tres representantes no Consello Nacional do BNG, o xa mencionado Gustavo Barcia, tamén integrante da Executiva Nacional, María Cristina Camba e Mercedes Díaz. A súa candidatura na Asemblea Nacional do 2024, motivada en palabras do propio Barcia co obxectivo de profundar na «organización interna, ecoloxismo, feminismo e diversidade», obtivo un 3,51 % dos votos que lle serviron para entrar con tres representantes no máximo órgano de dirección do BNG.

Notas

Categoría:BNG