<big>Moeda de 2 francosSementadora </big>"2 francs Semeuse D'APRES O.ROTY, tranche striée, nickel". Numista.com140x140px140x140pxA/: A "sementadora" con Sol nacente ao fondo. Marca de gravador no exergo (D'APRÈS O. ROTY). Todo inscrito nun octógono. Lendas: REPUBLIQUE FRAÇAISER/: Valor facial con póla de oliveira detrás. Data no exergo. Todo inscrito nun octógono. Lendas: LIBERTÉ · ÉGALITÉ · FRATERNITÉ Período: 5ª República Francesa. Data: 1979-2001. Ceca: Monnaie de Paris. Deseñador: Oscar Roty. Tiraxe total: 632.919.477 exemplares. Desmonetizada: 17 de febreiro de 2005. Metal: níquel. Diámetro: 26,50 mm. Peso: 7, 50 g. Espesor: 1,71 mm. Canto: estriado.

A moeda de 2 francos Sementadora (en francés: deux francs Semeuse) é unha moeda de níquel con valor facial de dous francos franceses (franco novo) cuñada entre 1979 e 2001, cando foi substituída polo euro como unidade monetaria da República Francesa.

Caracterización Esta moeda complementa a serie iniciada en 1960 coa moeda dun franco Sementadora (franco novo),"1 franc Semeuse nickel (1960-2001)". Numista.com que pola súa vez tretomaba os deseños propios das moedas de prata de finais do século XIX e principios do século XX (franco vello), caracterizados pola figura da "Sementadora", creada en 1897 polo escultor e medallista francés Oscar Roty (1846-1911), que chegou a se converter nun símbolo de Francia e que foi utilizado en varias moedas francesas, tanto do franco como do euro."2 francs Semeuse Argent (1898-1920". Numista.com

Probas e versión definitiva miniatura|166x166px|esquerda|Deseño da "Sementadora" de Oscar Roty (1897). A versión circulante da moeda de 2 francos Sementadora foi cuñada en níquel pola Monnaie de Paris a partir de 1979, cuns deseños baseados nos creados por Roty en 1897, mais modificados polos gravadores do taller de gravado da ceca pública parisiense. Isto exprésase no exergo do anverso da moeda, baixo os pés da sementadora, coa expresión D'APRÈS O. ROTY ("Baseado en O. ROTY").

Coñécese tamén unha exigua tiraxe de só 21 exemplares cuñados en prata a modo de proba e datados en 1959, que amosan a palabra ESSAI ("proba") gravada en letras pequenas no campo do anverso, á esquerda da figura da sementadora. Estas probas reproducen exactamente o modelo orixinal de Roty de 1897."2 francs Semeuse Essai en argent de Roty". Numista.com Do mesmo xeito, cuñouse tamén unha serie de probas en 1978, desta volta cuña tiraxe de 6.000 exemplares, do modelo definitivo en níquel da nova moeda, que amosa a palabra ESSAI á dereita da sementadora, debaixo do Sol nacente."2 francs Semeuse Essai nickel". Numista.com

Emisións especiais Ademais da emisión ordinaria para a circulación, a partir de 1991 comezaron a emitirse tamén versións cun acabamento especial proof —fondo espello e relevo mate—, que se distribuíron en estoxos e presentacións especiais para coleccionistas."2 francs Semeuse Nickel, Belle Epreuve". Numista.com

Outras variantes da moeda de 2 francos Sementadora son as coñecidas como Piéfort, é dicir, cuñadas co mesmo deseño mais en discos cun grosor moito maior que o da serie ordinaria e cuñadas en metais nobres con tiraxes moi reducidas. Produciuse unha versión en prata de 925 ‰ (17 gramos),"2 francs Semeuse Piéfort argent". Numista.com outra en ouro de 920‰ (30,9 gramos)"2 francs Semeuse Piéfort or". Numista.com e outra en platino puro (36,6 gramos)."2 francs Semeuse Piéfort platine". Numista.com

Tiraxes Nesta listaxe inclúense as tiraxes anuais da emisión estándar para a circulación e da emisión proof para coleccionistas: DataExemplares1979130.040.5111980100.010.0111981120.000.011198290.002.511198390.002.572198450.347DataExemplares198520.011198615.000198792.967198895 576198994.449199015.011DataExemplares19915.011199267.709199323.10619949.980.111199519.011198611.980.013DataExemplares199710.005.013199845.050.013199925.500200025.200.0132001125.000——

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094

Outros artigos

Monnaie de Paris Franco francés Moeda dun franco Sementadora (1960-2001) Oscar Roty

Ligazóns externas

Cotización da moeda no mercado numismático

Categoría:Franco (moeda) Categoría:Moedas de Francia