Constanza Tobío Soler, nada en Montevideo en 1954, é Premio Nacional de Socioloxía e Ciencia Política 2021 e Catedrática de Socioloxía na Universidade Carlos III de Madrid.
Traxectoria
Formación Constanza Tobío Soler ten ascendencia galega. Naceu no Uruguai durante o exilio da familia, e regresou con ela a España na década dos anos 60. Licenciouse en Socioloxía, especialidade de Ecoloxía Humana e Poboación, pola Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid no ano 1977, e en Ciencias Políticas, especialidade Socioloxía Política, pola mesma Facultade no ano 1979. Pronto pasou a dedicarse á investigación e a docencia, desde 1980 na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid, e a partir de 1991 na Universidade Carlos III de Madrid.
Traxectoria profesional As súas áreas principais de investigación son o xénero, a relación familia-emprego, as relacións interxeracionais e as achegas das sociólogas desde os comezos da disciplina sobre as cales publicou cumpridamente nas principais revistas científicas de socioloxía española e internacional e diversos libros.
Notas
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Profesores da Universidade Carlos III de Madrid Categoría:Uruguaios de ascendencia galega Categoría:Sociólogos de España Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid