A comarca das Mariñas é unha comarca natural e histórica galega, situada no litoral do Golfo Ártabro. Malia que o topónimo das Mariñas foi usado amplamente ao longo dos séculos XX e XXI para denominar diversas institucións e entes da zona , esta comarca non foi incorporada ao plan de comarcalización aprobado en 1997 pola Xunta de Galicia, dado que o seu territorio histórico ficou dividido entre diversas comarcas, coma as da Coruña e Betanzos. Topónimo e primeiras referencias: Nemitos/Nendos O topónimo actual “As Mariñas” aparece en documentos modernos, pero o territorio asociábase na Alta Idade Media a nomes como Nemitos ou Nendos. As primeiras referencias documentais coñecidas asignadas a este ámbito datan do século VIII: por exemplo, nun testamento do bispo Odoario (ano 747) aparece “In Nemitos: Ecclesia Sancti Salvatoris de Ylioure…”. López Sangil, José Luis; Vidán Torreira, Manuel (2011). «Tumbo Viejo de Lugo (Transcripción completa)», Estudios Mindonienses, 27. Cabildo de la Catedral Mondoñedo. Centro de Estudios de la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol, pp. 12-373. Doc. 2, p. 30. 747, xullo, 15. Item Eiusdem Testamentum Episcopi Domni Odoarii, fol. 1v-3r., citado en Xa no ano 830, nun documento do reinado de Afonso II, réxistranse doce igrexas no territorio denominado Nemitos, o que mostra que o territorio de Nendos/Nemitos era visto entón como unha unidade administrativa eclesiástica da diocese de Iria. López Sangil, José Luis; Vidán Torreira, Manuel (2011). «Tumbo Viejo de Lugo (Transcripción completa)», Estudios Mindonienses, 27. Cabildo de la Catedral Mondoñedo. Centro de Estudios de la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol, pp. 12-373. Doc. 2, p. 30. 747, xullo, 15. Item Eiusdem Testamentum Episcopi Domni Odoarii, fol. 1v-3r., citado en
Segundo Javier García Gómez, nun documento do ano 915, o rei Ordoño II restituíulle á diocese de Iria unha serie de commisa, divisións territoriais que, xa a partir do século XII, servirían de base para os arciprestados do futuro arcebispado de Santiago; o nome de Nemitos aparece nesa lista de territorios, ao lado doutros como Trasancos, Nemancos, Brecantinos...:
[...] Et hec Sedes Hiriensis quae est coniuncta loco patronis nostri Sancti Iacobi Apostoli, fines suos ab omni integritate custodiat et contineat, sicut ab antiquis patribus praescriptos cognuimus, id est: Trasancos, Labatiencos, Nemancos, Celticos et Carnota, quam obtinuit episcopus Lamacensis; necnon Nemitos, Faro, Brecantinos et Somnaria, quam obtinuit episcopus Tudensis [...] LUCAS ÁLVAREZ, Manuel (1998). Tumbo A de la Catedral de Santiago. Estudio y edición, p. 89. Doc. 28. 915, xaneiro, 29. Zamora. Confirmación de Ordoño II e Elvira á Igrexa de Santiago, da posesión de seis millas concedidas por Alfonso III e outras doce engadidas. Cabildo de la S.A.M.I. Catedral de Santiago; Edicións do Castro; Seminario de Estudos Galegos, citado en .
Segundo Javier García Gómez, Nemitos, como unidade territorial con homoxeneidade socioeconómica, histórica e cultural, abranguía a zona litoral das rías da Coruña e Betanzos, conxuntamente cos vales do Mero, Mendo e Mandeo, o que corresponde aos concellos de Cambre, Bergondo, Oleiros, Sada, Betanzos, Oza Cesuras e Abegondo, ademais de parte dos concellos de Aranga, Irixoa, Paderne, Coirós e Carral, se se segue a transcrición feita por López Ferreiro dun documento de 1112:
[...] Et in terra de Nendos do etiam uobis illum Castellum de Leyro cum suis hominibus et cum suo karitele et alias hereditates quas ibi inuenire portueritis per terminos de Spelunca et per Rania Longa et per terminos de Montanos et Pergalo et inde per terminos de Faro et per illam Carreriam de Singraes usque in Merum et inde quo modo currit et ferit mare et de alia parte per illam aquam de Iuncarias usque in mare. López Ferreiro, Antonio (1899-1911). Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela. Santiago, Imp. y Enc. del Seminario Conciliar Central: 81-83. Apéndices nº XXVIII. Maio de 1112, citado en
As Mariñas dos Condes e As Mariñas dos Frades Tradicionalmente, o termo As Mariñas subdividiuse en dúas áreas históricas: “As Mariñas dos Condes” e “As Mariñas dos Frades” (ou “As Mariñas dos Freires”).
O topónimo As Mariñas dos Condes refírese a unha zona de influencia dos condes de Traba e Andrade, principais señores feudais entre Betanzos e Pontedeume na Idade Media. Este é o corazón da comarca das Mariñas, chamadas tamén "Mariñas dos Condes" en referencia aos condes de Traba e Andrade, de grande actividade entre Betanzos e Pontedeume, en
Pola súa banda, As Mariñas dos Frades fai alusión aos mosteiros asentados aquí (“freires” ou "frades" refírese aos monxes). Así, As Mariñas dos Frades incluían enclaves como o mosteiro de San Xoán de Pravio , o de Santa María de Cambre "Érguese a eirexa de Santa María de Cambre nas Mariñas dos Frades, no antigo Arcedianato de Nendos, entre vales ridentes e fermosos paisaxes(...)", en ou o de San Cibrán de Bribes .
Deste xeito, o nome “As Mariñas” recolle a unión de dous dominios históricos: o dos condes feudais e o dos mosteiros relixiosos, ambos centrais na configuración da comarca.
A descrición das Mariñas na obra de Otero Pedrayo A comarca das Mariñas ocupa un lugar sobranceiro na descrición xeográfica de Galiza que se pode encontrar na obra Historia de Galiza, publicada na Arxentina en 1962, financiada por Manuel Puente e dirixida por Ramón Otero Pedrayo. No seu Volume I, A Terra. O home-I , o propio Otero Pedrayo elaborou a sección xeográfica, que describe o país nas seguintes 11 seccións:
Terras do outo Miño ou Miño lucense Terras do Miño centroso ou ourensán O baixo Miño ou Miño galaico-portugués Os temas xeográficos da Galiza ourental A Galiza cantábrica As Mariñas e os vales cinguidos coelas Terra de Bergantiños O Tambre e os seus tempos O val ullán O val do Lérez, Pontevedra e a súa ría Os temas xeográficos de Vigo cos artellamentos da súa badía e co Miño inferior alt=Mapa do século XVIII que representa as rías da Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol.|miniatura|Mapa do século XVIII que representa as rías da Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol.
Deste xeito, Otero Pedrayo incorpora ás Mariñas todo o territorio costeiro comprendido entre as catro rías de Ferrol, de Ares, de Betanzos e da Coruña. Inclúe, polo tanto, todo o litoral do Golfo Ártabro e exprésao así:"As rías son os pétalos centrosos do fermoso cuatrifolio mariñán". Esta é unha concepción das Mariñas xeograficamente máis ampla ca a corrente, que adoita deixar fóra o territorio á volta da ría de Ferrol e, habitualmente, tamén a ría de Ares e a comarca do Eume. Porén, neste libro, a sección anterior, que está dedicada á Galiza cantábrica, termina co apartado de "Ortigueira e a súa terra co litoral de Cedeira e Valdoviño" indicando a transición entre o mar aberto de Valdoviño e a xeografía mariñá das rías do Arco Ártabro:"Despoixa de Cedeira e da ponta Frouxeira, outo anaco bravo, a costa de Campelo franquexa ó mar a terra encostada do monte Mandiaa, de Bal, de Castro ca súa ermida de Santa Margarita, chan e parroquias xa do país de Trasancos, envolveitos no clima e vida das primeiras Mariñas ferroláns." No extremo oposto, o límite occidental das Mariñas, na transición á comarca de Bergantiños, é marcado polo autor no mesmo final da ría da Coruña, na Torre de Hércules:"Non son menos fermosas as Mariñas das portas da Cruña. Como as ferroláns chega a elas a ermanza e dureza doutros tramos de costa. Pra nós as Mariñas comezadas no Cabo Prioiriño rematan na mesma punta Herminia pé da torre de Hércules ou Breogán. O bravento Orzán xa está moi lonxe da paisaxe das Mariñas." (...) "Nas dunas do Burgo, na praia de Santa Cristiña, o derradeiro esteiro mariñán afina seus temas como unha despedida. E a Cruña escoita no Orzán o latexar da grande costa brava do arco bergantiñán." Tras unha introdución, a sección "As Mariñas e os vales cinguidos coelas" subdivídese nos seguintes apartados:
Terra de Trasancos e San Sadurniño, vales do Xubia e Neda. Ría e comarca ferrolán (páx. 155-157) A penínsua do Chanteiro ou de Mugardos (páx. 157) Pontesdeume e Betanzos (páx. 157-161) A penínsua ou penilla de Meirás (páx. 161) A ría da Cruña e val do Mero (páx. 161-163) Os temas xeográficos das cidades e vilas das Mariñas (páx. 163-164)
As Mariñas na tradición textual galega As Mariñas e os seus xentilicios aparecen en diversas obras literarias galegas. En 1896, Francisco Álvarez de Nóvoa publicou o conxunto de relatos Pé das Burgas. No relato "A nai", entre referencias á Coruña, Sada e Betanzos, menciónase "a noiva, a máis garrida mariñá da costa" ou "El tamén deixaba a coroza de mar na casa e puña o traxe mariñán". No relato "Os Caneiros", ambientado en Betanzos, relata "O día, espléndido coma de verán, bota riba da festa toda a luz que atesoura no inverno bretemoso das mariñas" (sic) ou "séntese o afrautado asubío dos mazaricos que volven á barra en longas manadas, enchendo o aire dese suave canto doce e meiguiceiro que tantas tristuras presta ás vagas saudosas paisaxes mariñás". De novo, no relato "Chuvia", con mencións a Sada, Bergondo e Betanzos, dise que "a muller canta polo baixo o tristeiro alalá mariñá" (sic). Do mesmo xeito, no relato "Paisaxe", fálase da "fermosa paisaxe das Mariñas". Manuel Lugrís Freire, nado en Sada, fixo reiteradas referencias á comarca das Mariñas, tanto na súa obra teatral ("Época actual. Traxes como os que se estilan nos portos das Mariñas", en Mareiras, 1904; "Época actual. Lugar da acción, as Mariñas de Sada", en O Pazo, 1917; "Época presente. Traxes como os que se estilan nas Mariñas de Betanzos", en A Ponte, 1923), como na narrativa dos seus Contos de Asieumedre ("y-ela, a infelís María, baixou âs Mariñas"; "¡Qué triste e probe era estonces Sergude! «Terra de lobos» chamábanlle nas Mariñas dos Freires (...) As feras e mail-a xusticia que se nos facía dend' o pazo de Miraflores"; "como se fose na mesma Mariña de Sada"; "Todol-os anos viña á pasal-o vran á Armuño un señor que, á forza d' argalladas e de vértolas, e coa proteición dos vexatos da política mariñán, chegara á Ministro"; "cando pelingrinaba pol-os lameiros mariñás chamando âs portas dos caritativos corazós"; "dábase tal fachenda que mesmo semellaba que era fillo d'un vinculeiro mariñán"; " apareceron o conde don Fernán [Pérez de Andrade, o Boo] e a sua dona Sancha Rodríguez, xentil e graciosa, escoltados pol-o sabidor capelán Fernán Martís, e moitos fidalgos mariñás"), no seu poemario As Mariñas de Sada: homenaxe â sociedade Sada y sus Contornos ou, significativamente, no primeiro discurso público en galego que se conserva, que pronunciou en Betanzos nun mitin da organización agrarista e galeguista Solidaridad Gallega e comezaba así: "Mariñáns e montañeses, homes traballadores e honrados; saúde. O que agora ten o atrevemento de falarvos é tamén un mariñán que tivo a grande sorte de nacer nesta bendita e ridente terra nosa; e, como tal mariñán, quérovos falar na lingua gallega". Manuel Rivas fai referencia ás Mariñas ao falar das orixes dos seus avós (do Corpo Santo e de Sigrás) no seu libro As voces baixas: "dicir sindicato nas Mariñas coruñesas era dicir CNT".
Notas
Categoría:Comarcas de Galicia Categoría:Xeografía de Galicia