O partido xudicial de Viveiro é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial n.º 6 da provincia de Lugo.
Abrangue os concellos mariñáns de Burela, Cervo, Foz, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove.
A cabeza de partido, e polo tanto sede das institucións xudiciais, é Viveiro. O enderezo do partido sitúase na rúa Alonso Pérez da localidade. Viveiro conta con dous Xulgados de Primeira Instancia e Instrución.
Contexto histórico O primitivo partido xudicial de Viveiro estabeleceuse no ano 1841. A súa xurisdición comprendía os municipios de Cervo, Xove, Muras, Ourol, Riobarba e Viveiro. A súa extensión superficial era de 718 quilómetros cadrados.
En 1952 desaparece o concello de Riobarba, dando paso ao do Vicedo, que se inscribe no partido xudicial.
En 1988, por mor da promulgación da Lei de Demarcación e de Planta Xudicial, a superficie xurisdicional de Viveiro vese afectada. O concello de Muras pasa a formar parte do partido xudicial de Vilalba, mais por outra banda incorpórase o de Foz, que previamente pertencera ao partido xudicial de Mondoñedo.
En 1994 engádese ao partido xudicial o concello de Burela, que xurdiu da segregación de Burela do de Cervo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Partidos xudiciais de Galicia
Viveiro Categoría:Viveiro