A Escola Literaria de Preslav (en ), tamén coñecida como Escola Literaria de Pliska ou Escola Literaria de Pliska-Preslav, foi a primeira escola literaria do Primeiro Imperio Búlgaro, durante a Idade Media. Fundouna o monarca Boris I en 886 na capital búlgara da época, Pliska. En 893 trasladouse á nova capital, Veliki Preslav, durante o reinado de Simeón I. Preslav foi tomada e incendiada polo emperador bizantino Xoán I Tzimisces en 972 tras a invasión de Bulgaria por parte de Sviatoslav I.
Historia
A Escola Literaria de Preslav foi o núcleo cultural e literario máis importante do imperio búlgaro e dos pobos eslavos. Moitos escritores e eruditos de relevo traballaron nela, como Naum de Preslav (até 893), Constantino de Preslav, Xoán o Exarca ou Chernorizets Hrabar, entre outros. Tamén constituíu un centro de tradución, en especial de autores bizantinos. Para rematar, nel compuxéronse poesía, pintura e cerámica.
Un dos logros da escola foi o desenvolvemento do alfabeto cirílico. Segundo Florin Curta:
As inscricións cirílicas máis antigas atopáronse na área de Preslav. En concreto, encontráronse na propia cidade medieval e no próximo mosteiro Patleina, ambos os dous na actual provincia de Shumen, así como nos mosteiros de Ravna e Varna.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Literatura de Bulgaria