miniatura|250px|Monumento do 75º aniversario dos Blackhawks denominado "Badge of Honor", inaugurado no ano 2000. Os Chicago Blackhawks son un equipo profesional de hóckey sobre xeo, foron fundados o 1 de maio de 1926 na cidade de Chicago, Illinois (Estados Unidos). Os Blackhawks foron creados como equipo de expansión da National Hockey League (NHL) baixo o nome Chicago Black Hawks, e xogaron o seu primeiro partido o 17 de novembro de 1926. Os Blackhawks gañaron a Stanley Cup en seis ocasións, sendo o quinto equipo con máis campionatos. A primeira vez que alzou o trofeo foi na tempada 1933-34 logo de derrotar os Detroit Red Wings en catro partidos (3-1).
O Hockey Hall of Fame introduciu a 42 antigos xogadores dos Blackhawks, así como dez executivos. O equipo retirou oito números en honor a nove xogadores.
Fundación O 1 de maio de 1926, a NHL concedeulle unha franquía de expansión para Chicago a un consorcio encabezado pola antiga estrela do fútbol americano de Boston Huntington Hardwick. Na mesma reunión, Hardwick organizou a compra dos xogadores dos Portland Rosebuds da Western Hockey League por 100 000 dólares estadounidenses ao presidente da WHL Frank Patrick nun acordo no que o propietario dos Boston Bruins Charles Adams actuou como intermediario. Con todo, tan só un mes despois, o grupo de Hardwick vendeu a franquía de Chicago ao magnate do café Frederic McLaughlin.
McLaughlin fora comandante do 333º Batallón de Metralladoras da 86ª División de Infantería durante a primeira guerra mundial. Esta división tiña o sobrenome de "Blackhawk Division" en honor a Falcón Negro,Briggs, Richard A. (1954). Black Hawks Over The Danube: The History of the 86th Infantry Division in World War II. Louisville, KY: Western Recorder. pp.7 un nativo americano da nación Sauk que foi unha figura prominente da historia de Illinois. McLaughlin bautizou o novo equipo de hockey en honor á unidade militar, converténdoo nun dos moitos equipos deportivos que empregan a nativos americanos como iconas. Con todo, ao contrario que a división militar, o nome do equipo escribiuse con dúas palabras, "Black Hawks" ata 1986, cando o club converteuse oficialmente en "Blackhawks", baseado na ortografía atopada nos primeiros documentos.
Os Black Hawks comezaron a xogar na tempada 1926-27, xunto coas franquías da súa expansión, os Detroit Cougars (actualmente os Detroit Red Wings) e os New York Rangers. O equipo tivo que enfrontarse en competencia inmediata en Chicago co rival de Eddie Livingstone, os Chicago Cardinals, que xogaban no mesmo estadio. McLaughlin desempeñou un papel moi activo na xestión do equipo a pesar de non ter experiencia no deporte. Contratou a Bill Tobin, un antigo porteiro que xogara na Western League, como o seu asistente, mais dirixiu o equipo el mesmo. Tamén estaba moi interesado en promover xogadores estadounidenses, daquela moi escasos no hóckey profesional. Varios deles, incluídos Doc Romnes, Taffy Abel, Alex Levinsky, Mike Karakas, e Cully Dahlstrom, convertéronse en xogadores clave do equipo, e baixo a dirección de McLaughlin, os Black Hawks foron o primeiro equipo da NHL cunha aliñación composta exclusivamente por xogadores estadounidenses.
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Sitio web do centenario dos Blackhawks
Categoría:Chicago Blackhawks