Carmen Eiró Bouza, nada en Ourense en 1969, é unha fiscal galega especializada en medio ambiente, urbanismo e patrimonio histórico. En outubro de 2025 foi escollida como fiscal superior de Galicia, polo que é a primeira muller en ocupar ese cargo.

Traxectoria Carmen Eiró Bouza ingresou na carreira fiscal en 1998, e foi destinada xa inicialmente á Fiscalía Provincial de Ourense, onde desenvolveu a súa actividade profesional desde aquela.

En 2005 nomeárona fiscala delegada provincial da especialidade de Medio Ambiente, Urbanismo, Patrimonio Histórico, Incendios Forestais, Fauna e Flora na provincia de Ourense, e asumiu a investigación e acusación de delitos relacionados co medio natural e a ordenación territorial. En outubro de 2020 foi designada fiscal delegada autonómica da especialidade de Medio Ambiente e Urbanismo de Galicia, polo que coordinou a actividade neste ámbito en toda a comunidade autónoma.

Entre as súas liñas de traballo salientan o emprego de drons e cámaras de vixilancia na investigación de incendios forestais e vertidos ilegais. Tense manifestado en contra da conspiración incendiaria como explicación dos lumes en Galicia: "a afirmación de que a maioría dos incendios son intencionados non ten sustento probatorio".

Candidatura á Fiscalía Superior de Galicia En outubro de 2025 foi proposta como candidata á Fiscalía Superior de Galicia tras a xubilación do anterior titular, Fernando Suanzes. Na proposta había cinco candidaturas (Miguel Armenteros, Antonio Roma, Román Ruiz Alarcón e Carlos Varela, ademais da de Eiró), e o fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, escolleuna a ela.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fiscalía Superior de Galicia

Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Fiscais Superiores de Galicia Categoría:Xuristas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes