Vai no Dentista é o grupo de teatro afeccionado do IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela.
Naceu co obxectivo de promover a normalización da lingua galega a través da actividade teatral no alumnado do centro educativo. Traxectoria Vai no Dentista foi creado en 1995 polo director do centro Manuel Portas para celebrar o 150º aniversario do instituto Xelmírez. Ademais, promoveu a organización do Certame de Teatro Intercentros do Concello de Santiago, que se celebra ininterrompidamente desde 1996. Antes de 1995, segundo Manuel Portas, existiu un grupo de teatro chamado Os Caladinhos, dirixido pola profesora María Xosé Díaz Piñeiro.
Entre 1995 e 1997, o grupo foi dirixido por Xesús Balboa Ramos e estreou as obras Mururoa mon amour (1995), A volta ao mundo (1996), Hierón (1997), Trampa mortal (1997) e Lunátika/Aluada (1997). En 1998, Ismael Blanco dirixiu as obras Temptation e Anxélica no ombral do ceio. A actriz Mónica Camaño foi directora do grupo entre 1998 e 2000 e dirixiu Livremente (1998), O cristo de Bel-em (1998), Teatro suicida (1999), Branco Nadal (1999) e Ai, homes! (2000); esta última en colaboración con Xosé Manuel Esperante.
Desde 2001, Daniel Baamonde é o director de Vai no Dentista. Estreou as seguintes obras: Apoteose (2001), Le jardin de Paris (2002), Mulleres (2003), Estas e outras cousas ou de como a vida dá tantas voltas (2003), Bernarda (2004), As oito caras do amor (2005), En-k-de-Adas (2006), Nefelocoquixia (2007), Carraxe (2008), Antígona e o Mago de Oz no marabilloso país de Alicia (2009), Eu non son (Hamlet) (2010), Illa Muller (2011), Pasaxeiro 612 (2012), A onda (2013), Fóra de Xogo (2014), O incidente (2015), A síndrome de Wendy (2016), En pé de guerra (2017), Punto de Fuga (2018), Animaliños (2019), Fóra de Xogo (2019), Criaturas (2021), Clandestina (2022), Allegro (2023), One more time. E unha vez máis (2024) e A batalla da fin do mundo (2025).
Sagrario Torrado Blanco é a coordinadora do grupo co centro escolar desde 2011. Encárgase da produción das obras e da representación institucional de Vai no Dentista, especialmente no que concirne á colaboración co Concello de Santiago na organización do Certame de Teatro Intercentros, que se celebra anualmente no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Premios
Certame de Teatro Intercentros +ANOEDICIÓNGALARDÓN1996I1º premio por A volta ao mundo1998III1º premio por Temptation2001VI3º premio por Apoteose2002VII2º premio por Le jardin de Paris2008XIII1º premio por Carraxe2010XVMención por ser a obra máis valorada do xurado por Eu non son (Hamlet)2012XVIIMención ao vestiario e ao espazo por Pasaxeiro 6122013XVIIIMención á temática por A onda2014XIX1º premio por Fóra de Xogo2015XX1º premio por O incidente
Premios Buero Vallejo de Teatro Joven +ANOEDICIÓNGALARDÓN2015XII1º premio por Fóra de Xogo (2014)2016XIII1º premio por O incidente2018XV1º premio por En pé de guerra2020XVII1º premio por Fóra de Xogo (2019)2023XX1º premio por Clandestina
Programa Xuventude Crea (Xunta de Galicia) +ANOEDICIÓNGALARDÓN2014VIFinalista por Fóra de Xogo (2014)2016VIII3º premio por A síndrome de Wendy2020XIIFinalista por Fóra de Xogo (2019)2025XVII3º premio por A batalla da fin do mundo
Notas
Categoría:Compañías de teatro de Galicia Categoría:Cultura en Santiago de Compostela