Far Cry 4 é un videoxogo de 2014 desenvolvido por Ubisoft Montreal e publicado por Ubisoft. É o sucesor do videoxogo de 2012 Far Cry 3, e a cuarta entrega principal da serie Far Cry. Ambientado no ficticio país himalaiano de Kyrat, o xogo segue a Ajay Ghale, un mozo kyrati-estadounidense, que se ve atrapado nunha guerra civil entre o Exército Real de Kyrat, controlado polo tiránico rei Pagan Min, e un movemento rebelde chamado Golden Path. A mecánica de xogo céntrase no combate e na exploración de mundos abertos; os xogadores loitan contra soldados inimigos e animais salvaxes perigosos usando unha ampla gama de armas. O xogo presenta moitos elementos que se atopan nos xogos de rol, como unha historia ramificada e misións secundarias. O xogo tamén conta cun editor de mapas e modos multixogador cooperativos e competitivos.
Notas
Categoría:Videoxogos de 2014 Categoría:Videoxogos de Xbox One Categoría:Videoxogos de Xbox 360 Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Canadá Categoría:Videoxogos de Ubisoft Categoría:Videoxogos de PlayStation 4 Categoría:Videoxogos de PlayStation 3 Categoría:Videoxogos de mundo aberto Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Shooters en primeira persoa