Co termo patín podemos estar facendo referencia a: Patín, un tipo de calzado que serve para deslizarse sobre distintas superficies. Patín un tipo de embarcación que está formada por dúas boias unidas por traveseiros para a súa propulsión. Patín unha terraza pequena onde remata a escaleira exterior dunha casa. Por este motivo a un popular edificio histórico de Ferrol coñéceselle como a Casa do Patín.
Véxase tamén Charles Patin (1633-1693), numismático e médico francés.