miniatura miniatura miniatura|Larvas de mosca negra nos Emiratos Árabes Unidos

Simulium é un xénero de moscas negras da familia Simuliidae, que poden transmitir doenzas como a oncocercíase (cegueira dos ríos).

É un xénero grande con case 2.000 especies e 38 subxéneros.

Estas moscas aliméntanse en lagoas. Chuchan sangue e a súa saliva, que contén anticoagulantes, varios encimas e histamina, mestúrase co sangue cando pican, impedindo que se coagule ata que é inxerido pola mosca. Estas picadas causan danos localizados nos tecidos, e se o número de moscas que se alimentan é suficientemente grande, poden producir anemia.

A reacción do hóspede aos ataques da mosca pode ser doenzas sistémicas, reaccións alérxicas ou mesmo a morte, probablemente polos efectos da histamina. Nos humanos esta reacción sistémica denomínase ás veces "febre da mosca negra" e caracterízase por dores de cabeza, febre, náuseas, adenite, dermatite xeneralizada e asma alérxica.

Sistemática Subxéneros:

Afrosimulium Crosskey, 1969 Anasolen Enderlein, 1930 Asiosimulium Takaoka & Choochote, 2005 Aspathia Enderlein, 1935 Boophthora Enderlein, 1921 Boreosimulium Rubtsov & Yankovsky, 1982 Byssodon Enderlein, 1925 Chirostilbia Enderlein, 1921 Crosskeyellum Grenier & Bailly-Choumara, 1970 Daviesellum Takaoka & Adler, 1997 Ectemnaspis Enderlein, 1934 Edwardsellum Enderlein, 1921 Eusimulium Roubaud, 1906 Freemanellum Crosskey, 1969 Gomphostilbia Enderlein, 1921 Hebridosimulium Grenier & Rageau, 1961 Hellichiella Rivosecchi & Cardinali, 1975 Hemicnetha Enderlein, 1934 Inaequalium Coscarón & Wygodzinsky, 1984 Inseliellum Rubtsov, 1974 Lewisellum Crosskey, 1969 Meilloniellum Rubtsov, 1962 Metomphalus Enderlein, 1935 Montisimulium Rubtsov, 1974 Morops Enderlein, 1930 Nevermannia Enderlein, 1921 Notolepria Enderlein, 1930 Obuchovia Rubtsov, 1947 Phoretomyia Crosskey, 1969 Pomeroyellum Rubtsov, 1962 Psaroniocompsa Enderlein, 1934 Psilopelmia Enderlein, 1934 Psilozia Enderlein, 1936 Pternaspatha Enderlein, 1930 Rubzovia Petrova, 1983 Schoenbaueria Enderlein, 1921 Simulium Latreille, 1802 Trichodagmia Enderlein, 1934 Wallacellum Takaoka, 1983 Wilhelmia Enderlein, 1921 Xenosimulium Crosskey, 1969

Especies: Lista de especies de Simulium

No folclore balcánico Na mitoloxía serbia hai unha lenda sobre o que chaman un ala (demo) (unha entidade feminina asociada coas sarabiadas, a loucura e as doenzas) que morreu nunha cova preto da cidade de Golubac, e o seu corpo descomposto envía todas as primaveras un enxame de moscas Simulium colombaschense que chuchan o sangue e transmiten doenzas.Ramel, Gordon John Larkman (4 de marzo de 2007). "The Nematocera". Earth-Life Web Productions. Archived from the original on 6 de agosto de 2007. Consultado o 2007-08-21. (Ademais de dar moitos datos biolóxicos, a páxina menciona unha lenda sobre moscas negras dos Cárpatos.)Karadžić, Vuk Stefanović (2005). Живот и обичаји народа српскога (in Serbian). Belgrade: Politika : Narodna knjiga. p. 276. . O nome específico da mosca, colombaschense significa 'de Golubac' (e o nome da cidade en serbio significa 'pombal', o cal está relacionado co latín columba, 'pomba').Thompson, F. Christian (marzo de 2001). "The Name of the Type Species of Simulium (Diptera: Simuliidae): an historical footnote". Entomological News 112 (2): 125. Consultado o 2011-04-08.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Crosskey R. W.; The natural history of blackflies. Willey, New York, 1990. Honomichl K.; Bellmann, H.; Biologie und Ökologie der Insekten. CD-Rom. Gustav Fischer, Stuttgart, 1994. Jedlicka, L.; Stloukalova V.; Family Simuliidae. pp. 331–347 in: Papp, L. and Darvas, B. (eds.): Contributions to a Manual of Palaearctic Diptera, Volume 2. Science Herald, Budapest, 1997. Jensen, F.; Diptera Simuliidae, Blackflies. pp. 209–241 in: Nilsson, A.N. (ed.): Aquatic Insects of North Europe. A Taxonomic Handbook. Apollo Books, Stenstrup, 1997. Kim, K. C.; Merritt, R. W. (Eds.); Black flies, ecology, population management, and annotat. world list. University Park, Londres, 1987. Laird, M. (Ed.); Blackflies. Academic Press, Londres, 1981. Lechthaler, W.; Car, M.; Simuliidae − Key to Larvae and Pupae from Central− and Western Europe. Vienna 2005, Seitz, G.; Verbreitung und Ökologie der Kriebelmücken (Diptera: Simuliidae) in Niederbayern. in: Lauterbornia. Mauch, Dinkelscherben 11.1992, pp. 1–230. Timm, T.; Dormanzformen bei Kriebelmücken unter besonderer Berücksichtigung des Ei-Stadiums (Diptera: Simuliidae). in: Entomologia generalis. Schweizerbart, Stuttgart 12.1987, 133-142. Timm, T.; Unterschiede in Habitatselektion und Eibiologie bei sympatrischen Kriebelmückenarten (Diptera, Simuliidae). in: Mitteilungen der Deutschen Gesellschaft für Allgemeine und Angewandte Entomologie. Bremen 6.1988, 156-158. Timm, T.; Rühm, W. (Hrsg.); Beiträge zur Taxonomie, Faunistik und Ökologie der Kriebelmücken in Mitteleuropa. Essener Ökologische Schriften. Bd.2. Westarp Wissenschaften, Magdeburg 1993. Wichard, W.; Arens, W.; Eisenbeis, G.; Atlas zur Biologie der Wasserinsekten. Stuttgart, 1994. Wirtz, H. P.; Analyse der Histaminanteile im Speichel verschiedener Kriebelmückenarten (Diptera: Simuliidae). in: Mitteilungen der Deutschen Gesellschaft für Allgemeine und Angewandte Entomologie. Bremen 6.1988, 441-442.

Categoría:Dípteros Categoría:Taxons descritos por Pierre André Latreille