O Centro Singular de Investigación de Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) é un centro de investigación situado en Santiago de Compostela, que investiga as tecnoloxías da información e, máis concretamente, as tecnoloxías intelixentes.

O CiTIUS pertence á Rede de Centros Singulares de Investigación (RCSI) da Universidade de Santiago de Compostela, do mesmo xeito que o CiQUS e o CiMUS.

Historia As raíces desta organización están no "Grupo Estratéxico CiTIUS" fundado en 2009, tras o cal se fundou o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información en 2010, e en 2012 trasladáronse ás súas instalacións no Campus Vida.

En 2019, decidiuse cambiar o nome a Centro Singular de Investigación para Tecnoloxías Intelixentes e centrarse no campo de estudo das tecnoloxías intelixentes, un mercado en continua expansión.

A tecnoloxía desenvolvida neste centro levou á fundación de dúas empresas: Situm Technologies, unha empresa que ofrece localización e posicionamento en interiores a través do teléfono móbil, e Imagames, unha empresa que permite a creación de aplicacións interactivas para facilitar a formación de empregados e como estratexia de mercadotecnia para fidelizar os clientes.

Investigación O CiTIUS céntrase nas seguintes liñas de investigación:

Aprendizaxe automática Computación avanzada Saúde electrónica Procesamento aproximado Robots persoais Sensores autónomos Tecnoloxías da linguaxe natural Visión artificial

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) CIMUS

Categoría:Institutos de investigación Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Tecnoloxías da información Categoría:Institutos e centros de investigación de Galicia