A muller sentada de Çatalhöyük é unha figura feminina espida de arxila cocida sentada entre dous repousabrazos adornados con cabezas felinas. A figuriña ten 17 cm de longo, 11 cm de ancho, 12 cm de alto e pesa 1 kg. Algunhas das interpretacións suxiren que representa unha deusa nai corpulenta e fértil no proceso de dar a luz mentres está sentada no seu trono, que ten dous repousabrazos en forma de cabezas felinas leoas, leopardos ou panteras. A estatuíña, unha das moitas iconograficamente similares que se atopa no sitio, é semellante a outras venus prehistóricas, das cales a máis famosa é a Venus de Willendorf.
É unha escultura neolítica feita por un artista descoñecido, e foi rematada ao redor do 6000 a. C. Foi descuberta polo arqueólogo James Mellaart en 1961 en Çatalhöyük, Turquía. Cando se atopou, a cabeza e o repousabrazos dereito faltaban, as que se mostran hoxe en día son recreacións modernas. A escultura atópase no Museo das Civilizacións de Anatolia de Ankara, Turquía. Mellaart afirmou que a figura representaba unha deusa da fertilidade adorada polo pobo de Çatalhöyük.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Venus paleolíticas Çatalhöyük
Categoría:Venus paleolíticas Categoría:Deusas da fertilidade Categoría:Obxectos arqueolóxicos Categoría:Arte prehistórica Categoría:Obras escultóricas