Ángel Arcay Barral, nado en Betanzos o 13 de maio de 1988, é un historiador e escritor galego.
Traxectoria
É licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especialización en Patrimonio Documental e Bibliográfico. Mestrado en Arquivos pola Universidade do Porto e Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística polo CIFP Manuel Antonio de Vigo e o IES Eusebio da Guarda da Coruña.
Traballou en arquivos de Galicia e Portugal e desde 2022 é director do Museo das Mariñas e do Arquivo e a Biblioteca Municipal de Betanzos. Tamén coordina a publicación do Anuario Brigantino, a revista científica Casa dos Espellos e colabora en Quorum.
Traballou de Técnico de Turismo e coordinou o libro de fotografías Octingenti.
Obras
O Parque do Pasatempo de Betanzos: narrativas para comprender un patrimonio profano (2018). Editorial Masonica.es. 78 páxs. ISBN 9788417732028. El Parque del Pasatiempo de Betanzos (2020). Con Yosune Duo e Jose Souto. Ed. de autor. 496 páxs. ISBN 978-84-09-26081-2. Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza (2021). Ed. de autor. 320 páxs. ISBN 978-84-09-35968-4. Transcribiu o receitario histórico de dúas das mulleres máis destacadas da Pontevedra do século XX: Concha y María Mendoza Babiano. Mulleres espontaneadas. Fraxilidade humana e cópula carnal nas comarcas do Eume e Ferrol (XVIII-XIX) (2023). Baía Ed. 68 páxs. ISBN 978-84-9995-384-7. Recupera 555 expedientes do Arquivo Notarial da Coruña sobre aquelas mulleres que se presentaban voluntarias ou obrigadas ante as autoridades para autoinculparse polo feito de quedaren embarazadas. Unha historia de Betanzos (2025). Betanzos: Biblos. 120 páxs. ISBN 978-84-15086-57-4 Una historia de Betanzos (2025). Betanzos: Biblos. 120 páxs. ISBN 978-84-15086-58-1.
Premios
I Premio Masonería Aberta convocado polo IEMGAL e a Universidade de Vigo, por O Parque do Pasatempo de Betanzos: narrativas para comprender un patrimonio profano. VI Premio HUME de Investigación 2021, polo traballo das mulleres espontaneadas.
Notas
Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1988 Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Arquiveiros de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade do Porto