Josan Hatero, tamén coñecido cos pseudónimos Sarah Julia Kane, Josan Mosteiro, nado en Barcelona o 15 de agosto de 1970, é un escritor de relatos, novelista e guionista español.
A familia materna é orixinaria da contorna de Melide e ambientou a novela La cosecha pálida en Galicia e La última bestia nunha aldea galega, de nome ficticio Mel.
Traxectoria Iniciou a súa carreira literaria en 1996 da man do editor Constantino Bértolo co libro de relatos Biografía de la huida (Debate, 1996). Ao ano seguinte conseguiu unha bolsa de creación na Residencia de Estudantes de Madrid e durante a súa estancia na Colina de los Chopos escribiu a súa primeira novela, El pájaro bajo la lengua (Debate, 1999), que foi traducida ao alemán.
Cinco anos despois, publicou o seu segundo libro de relatos, Tu parte del trato (Debate, 2003) e con el gañou o premio de Relatos Vila de Algete. A devandita obra tamén foi traducida ao alemán. En 2010 apareceu La piel afilada (Editorial Alfaguara, 2010), un bestiario de amantes ilustrado por Montse Bernal que foi traducido ao italiano e ao turco. Os seus contos tamén apareceron en numerosas escolmas de relatos como Páginas amarillas (1997) ou Pequeñas resistencias (2002).
É autor de varias novelas xuvenís. Escribiu a catro mans con Use Lahoz a novela Volverán a por mí (Editorial A Galera, 2011), un thriller fantástico que gañou o premio a Galera Novas Lectores. En 2013 publicou baixo o pseudónimo Sarah Julia Kane o primeiro volume da triloxía Mackenzie (Mackenzie: La memoria de las sombras, Editorial Edebé) e nos dous anos seguintes apareceron a segunda parte, Malos deseos (2014) e a terceira, Los días contados (2015). En 2018 publicou a novela xuvenil Disfraz de héroe (Editorial Edebé).
Hatero é coguionista da película Las distancias de Elena Trapé, que en 2018 gañou a Biznaga de Ouro á mellor película española do Festival de Cine de Málaga.
En 2021 publicou a novela La intimidad de los viajeros en Edicións Destino.
En 2022 asinou como Josan Mosteiro o thriller La cosecha pálida en Roca Editorial, e tamén publicou a súa primeira novela dirixida ao público infantil, El insoportable Cornelius Bloom, en Editorial Edebé.
Gañou o Premio Edebé de Literatura Infantil 2024 con La guerra de Nico.
En 2025 repetiu no thriller, de novo como Josan Mosteiro, coa novela La última bestia en Roca Editorial.
Obra Narrativa
Biografíade la huida (1996). Editorial Debate. ISBN 978-84-7444-979-2 El pájaro bajo la lengua (1999). Editorial Debate. ISBN 978-84-8306-154-1 Tu parte del trato (2003). Editorial Debate. ISBN 978-84-8306-968-4 La piel afilada (2010). Alfaguara. ISBN 978-84-204-0546-9 Volverán a por mí (2011). La Galera. ISBN 978-84-246-4348-5 Mackenzie 1. La memoria de las sombra (2013). Editorial Edebé. ISBN 978-84-683-0841-8 Mackenzie 2. Malos deseos (2014). Editorial Edebé. ISBN 978-84-683-1206-4 Mackenzie 3. Los días contados (2015). Editorial Edebé. ISBN 978-84-683-1273-6 Disfraz de héroe (2018). Editorial Edebé. ISBN 978-84-683-3398-4 La intimidad de los viajeros (2021). Destino. ISBN 978-84-233-5859-5 La cosecha pálida (2022). Roca Editorial. ISBN 978-84-17305-92-5 El insoportable Cornelius Bloom (2022). Editorial Edebé. ISBN 978-84-683-5602-0 La guerra de Nico (2024). Editorial Edebé ISBN 978-84-683-7012-5 La última bestia (2025). Roca Editorial. ISBN 978-84-19965-10-3
Outros
VV.AA. Páginas amarillas (1997). Ediciones Lengua de Trapo. ISBN 978-84-226-7208-1 Masoliver Ródenas, J.A. Los cuentos que cuentan (1998). Anagrama ISBN 978-84-339-1080-6 Abad, Mercedes Pequeñas resistencias, 1: Antología del nuevo cuento español (2002). Páginas de Espuma. ISBN 978-84-95642-16-5 VV.AA. Cuentos de amor (2008). Páginas de Espuma. ISBN 978-84-8393-005-2
Premios e recoñecementos
Premio de Relatos Vila de Algete 2003 por Tu parte del trato Premio a Galera Novas Lectores 2011 por Volverán a por mí Premio Cuentos sobre ruedas 2012 por La despedida Premio Edebé de Literatura Infantil 2024 por La guerra de Nico
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas La piel afilada, Artigo de Nuño Vallés sobre La piel afilada no diario El Confidencial, 25.02.2010
Páxina Dos RTVE, Miniclub de lectura - Mackenzie 1: La memoria de las sombras (Edebé), 14.05.2014
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2022/06/22/literatura-da-orden-vida-da-sentido-mundo/0003_202206G22P32991.htm Cultura] La Voz de Galicia, Josan Mosteiro: La literatura le da un orden a la vida, le da sentido al mundo», 22.06.2022
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Escritores en lingua castelá