Zadagós é un lugar da parroquia de Piñeira de Arcos pertencente ó concello de Sandiás. Segundo o IGE en 2010 tiña 63 habitantes (33 homes e 30 mulleres), once menos ca en 1999.
Patrimonio Nel atópase a Casa do Fidalgo, do século XVIII, casa grande con capela hoxe restaurada e rehabilitada como casa de turismo rural. Preto dela está a capela de San Roque.
A carón do lugar hai un miliario (milla LXXI) da Vía Nova ou Vía XVIII que unía Bracara (Braga) con Asturica (Astorga) dedicado ó emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.). Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Piñeira de Arcos
Parroquias de Sandiás
Categoría:Lugares de Sandiás