O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) é un organismo autónomo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia. A súa presidencia é ostentada pola persoa titular de dita Consellería, que dende abril de 2024 corresponde a María Martínez Allegue. O seu Director Xeral, a quen corresponden as funcións executivas do organismo, é Heriberto García Porto, tamén dende ese ano. Aínda que goza de delegacións territoriais, súa sede está no Centro Comercial Área Central de Santiago de Compostela.
Foi creado ao abeiro da Lei 3/1988, que estabelece como o seu obxectivo prioritario a garantía dos dereitos constitucionais de vivenda digna e de emprego do solo de acordo co interese xeral. Entre as súas funcións destacan a planificación e xestión das políticas autonómicas de vivenda; a elaboración de informes; a promoción e rehabilitación inmobiliaria e a adquisición e expropiación de terreos.
Notas
Categoría:Organismos da Xunta de Galicia