O pobo bora é un pobo indíxena do Amazonas peruano, colombiano e brasileiro, localizado entre os ríos Napo, Putumayo e Caquetá. Son aproximadamente 1700 persoas.
Viven en casas comunais ou "malocas" octogonais cunha entrada principal e dúas laterais. A maloca considérase unha representación do cosmos e inaugúrase cunha festa todzigwa. Os tambores cerimoniais kümüba (maguare) atópanse preto da entrada principal da maloca.
Lingua A súa lingua pertence á familia bora e está estreitamente relacionada coa dos miraña do río Caquetá e dos muinane da Sabana do alto Cahuinarí e do alto Igará Paraná.
Historia O pobo bora foi un dos pobos indíxenas do Amazonas que sufriu o xenocidio do Putumayo de 1879 e 1912 en plena febre do caucho. Foi vítima de abusos, escravitude forzada, masacres e etnocidio cometidos pola Peruvian Amazon Company, en concreto na zona entre o río Putumayo e o río Caquetá. Os pobos que foron vítimas destes crimes foron os andaquís, os boras, os carijonas, os ingas, os cabiyaris, os mirañas, nonuyas, os ocainas, sionas, os tanimucas, os witotos e os yucunas, e a cifra de vítimas mortais calcúlase entre 242 000 e 450 000.
Desculpas públicas do goberno colombiano No ano 2012, o presidente Juan Manuel Santos, pediu perdón ás comunidades amazónicas polos feitos ocorridos durante eses anos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xenocidio do Putumayo Bibliografía Harrison, Theresa; Media, Demand (n.d.). Basic Beliefs of the Bora Indians. Classroom Synonym. Consultado o 1 de febreiro de 2015 en http://classroom.synonym.com/basic-beliefs-bora-indians-6514.html .
Categoría:Pobos indíxenas do Perú Categoría:Pobos indíxenas de Colombia Categoría:Pobos indíxenas do Brasil