miniatura|Femia miniatura|Ovos de Emberiza spodocephala personata no MHNT.
O escribidor de cara negra (Emberiza spodocephala) é unha ave paseriforme da familia Emberizidae, un grupo que foi separado nas clasificacións modernas dos Fringillidae.
O nome do xénero Emberiza procede da palabra do alemán antigo Embritz, 'un escribidor'. O epíteto específico spodocephala vén do grego antigo spodos, 'cinza', e kephalos, 'cabeza'.
Reprodúcese no sur de Siberia e ata o norte da China. É migratorio, e pasa o inverno no nordés da India, sur da China e norte do sueste asiático. É unha ave vagante moi rara en Europa occidental e foi incluída na lista das aves ibéricas.
Reprodúcese en sotobosques densos ao longo de ríos e regatos na zona da taiga e pon de catro a cinco ovos nun niño no chan ou en árbores. O seu alimento natural consta de sementes e, cando son crías, de insectos. Inverna preto da auga en hábitats agrícolas ou outros hábitats abertos arbustivos.
O seu aspecto xeral e hábitos de alimentación terrestres dan a impresión de que fose unha azulenta común cun peteiro de escribidor. É similar en tamaño ao escribidor das canaveiras cuns 16 cm de longo. O macho reprodutor ten unha cabeza cunha mestura de verde amarelado e negro entre o peteiro e o ollo. As partes dorsais son marróns e con moitas manchas en negro, excepto o sobrecú, que é marrón e a cola é tamén marrón escura. As partes ventrais son branco amareladas con algunhas finas liñas no flanco marróns escuras. O rexo peteiro é rosa.
As femias e crías teñen un debuxo da cabeza máis débil, con fazulas gris oliva e unha sobrecella branco crema débil. As partes ventrais son amarelas cremosas con moitas manchas marrón escuras
A chamada da ave é como un tzii. Soa moi metálica e é unha canción moi curta, se é que se pode dicir que é unha canción.
Notas
Categoría:Emberícidos Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1776