Los Fruittis é unha serie de animación española producida e dirixida por Antoni D'Ocon en 1990 que acadou gran popularidade entre os nenos da época. Estreouse o 30 de setembro de 1990 en TVE, e emitiuse en diferentes canles de Europa e dos Estados Unidos. Componse de 91 episodios de 25 minutos de duración cada un.

Sinopse Está ambientada nunha illa cun gran volcán onde hai unha aldea na que viven unha comunidade de froitas, froitos secos, vexetais, legumes e plantas. Esta comunidade vive tranquila na súa aldea ata que comezan as sacudidas que produce o volcán, é entón cando Mochilo, Gazpacho e Pincho emprenden camiño na procura dun novo volcán onde poida vivir a aldea. Na súa aventura atoparán a Kumba. En cada aventura os personaxes resolven os seus problemas en base ao compañeirismo e a amizade a pesar das súas diferenzas.

Notas

Categoría:Series de televisión iniciadas en 1990 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1992 Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Televisión Española