miniatura|250x250px|Modelo de Aceptación de Tecnoloxía (TAM) O Modelo de Aceptación de Tecnoloxía, (TAM, polas súas siglas en inglés) foi desenvolvido por Davis en 1989. Baséase na Teoría de Acción Razoada Fishbein, M., & Ajzen, I. (1975). Belief, attitude, intention and behavior: An introduction to theory and research. Addison-Wesley. https://people.umass.edu/aizen/f&a1975.html e é un dos modelos máis populares para explicar a adopción da tecnoloxía, isto é, como os usuarios chegan a aceptar e utilizar unha tecnoloxía. Holden, R. J., & Karsh, B. T. (2010). The technology acceptance model: its past and its future in health care. Journal of biomedical informatics, 43(1), 159–172. https://doi.org/10.1016/j.jbi.2009.07.002Davis, F. D. (1989). Perceived usefulness, perceived ease of use, and user acceptance of information technology. MIS Quarterly, 13(3), 319–340. https://doi.org/10.2307/249008
Nun contexto de crecente informatización das organizacións, xurdiu a necesidade de comprender porque algunhas tecnoloxías eran facilmente aceptadas mentres que outras eran rexeitadas, incluso cando podían mellorar a produtividade. O obxectivo do TAM era identificar os factores determinantes da aceptación voluntaria de novas tecnoloxías por parte dos usuarios finais, posto que cando estes se enfrontan a unha tecnoloxía nova, existen unha serie de factores que inflúen na súa decisión sobre se utilizala ou non.
Os principais parámetros desde modelo son:
Utilidade percibida: grao en que unha persoa cre que utilizar un sistema particular o destacará a el/ela ou ó seu rendemento no traballo. Facilidade de uso percibida: grao en que unha persoa pensa que o uso dunha determinada tecnoloxía estará libre de esforzo.
Estes dous factores inflúen na actitude do usuario cara o uso da tecnoloxía, o cal afecta á súa intención de uso, que á súa vez predí o uso real do sistema.
O TAM proporciona unha base teórica para comprender e avaliar a aceptación das persoas usuarias cara unha nova tecnoloxía, permitindo desenvolver e implementar novos sistemas.Davis, F. D. (1985). A technology acceptance model for empirically testing new end-user information systems: Theory and results [Doctoral dissertation, Massachusetts Institute of Technology]. MIT DSpace. http://hdl.handle.net/1721.1/15192 Unha das contribucións claves do modelo é a súa capacidade de xeneralización: foi validado en contextos moi diversos, dende a implantación de software en empresas ata o uso de tecnoloxías móbiles ou plataformas de telemedicina, demostrando ser unha ferramenta confiable para coñecer a aceptación da tecnoloxía.Turner, M., Kitchenham, B., Brereton, P., Charters, S., & Budgen, D. (2010). Does the Technology Acceptance Model predict actual use? A systematic literature review. Information and Software Technology, 52(5), 463–479. https://doi.org/10.1016/j.infsof.2009.11.005
Non obstante, co tempo recoñeceuse que o modelo orixinal non era suficiente para capturar todos os factores contextuais, sociais e persoais que poden influír na adopción tecnolóxica. Este modelo foi criticado fundamentalmente por enfocarse en factores individuais e non considerar as influencias sociais nin as condicións facilitadoras na aceptación da tecnoloxía, así como tampouco o uso obrigatorio das mesmas en condicións estruturadas.
Ampliacións ó TAM No ano 2020 propúxose unha extensión deste modelo, denominada TAM 2,Venkatesh, V., & Davis, F. D. (2000). A theoretical extension of the Technology Acceptance Model: Four longitudinal field studies. Management Science, 46(2), 186–204. https://doi.org/10.1287/mnsc.46.2.186.11926 que engadiu á proposta orixinal dous grupos de construtos que afectan significativamente á aceptación por parte do usuario: os procesos de influencia social, é dicir, a percepción do usuario sobre se outras persoas pensan que debería utilizar a tecnoloxía e como a súa utilización melloraría o status dunha persoa no seu sistema social, e os procesos cognitivos instrumentais, que fan referencia a como o individuo percibe que a tecnoloxía en cuestión se aplica o seu traballo, o ben que o fai e o grao de demostrabilidade dos resultados de usar a devandita tecnoloxía. Nesta ampliación do modelo tamén se teñen en conta dous factores moderadores: a experiencia no uso da tecnoloxía e a voluntariedade para utilizala. O peso relativo dos distintos factores vai cambiando a medida que os usuarios adquiren experiencia coa tecnoloxía; por exemplo, a influencia social pode ser máis determinante ó principio do proceso de adopción, pero vai perdendo relevancia co uso continuado.
Posteriormente, en 2008, unha nova ampliación, o TAM 3Venkatesh, V., & Bala, H. (2008). Technology acceptance model 3 and a research agenda on interventions. Decision Sciences, 39(2), 273–315. https://doi.org/10.1111/j.1540-5915.2008.00192.x afondou nun dos parámetros fundamentais da versión orixinal do modelo: a facilidade de uso percibida. Esta versión busca integrar os achados previos sobre factores individuais, organizacionais e sociais que afectan á percepción de facilidade ou dificultade de uso dunha tecnoloxía. Concretamente, esta extensión céntrase nos antecedentes da facilidade de uso percibida, destacando os seguintes construtos:
Autoeficacia informática: crenza do usuario na súa capacidade para usar a tecnoloxía. Ansiedade ante o uso da tecnoloxía: nivel de nerviosismo ou incomodidade asociado ó uso de sistemas tecnolóxicos. Condicións obxectivas de uso: como a formación recibida, a asistencia técnica dispoñible ou a calidade de deseño da interface. Control percibido: percepción de que o usuario ten capacidade para manexar o sistema sen obstáculos. Desfrute percibido: grao en que o uso dunha tecnoloxía se percibe como agradable en si mesmo, alén dos resultados funcionais que poida aportar.
TAM 3 conserva os elementos de TAM e TAM 2, pero proporciona unha estrutura máis completa para explicar tanto a aprendizaxe como a aceptación voluntaria dunha tecnoloxía.
Aplicacións e evolución do modelo O TAM e as súas extensións foron utilizados e adaptados en numerosos estudos empíricos. En contextos sanitarios, por exemplo, empregouse para explorar a aceptación de historias clínicas electrónicas, dispositivos de monitorización remota ou tecnoloxías asistivas para persoas maiores. Venkatesh, V., Morris, M. G., Davis, G. B., & Davis, F. D. (2003). User acceptance of information technology: Toward a unified view. MIS Quarterly, 27(3), 425–478. https://doi.org/10.2307/30036540Šumak, B., Heričko, M., & Pušnik, M. (2011). A meta-analysis of e-learning technology acceptance: The role of user types and e-learning technology types. Computers in Human Behavior, 27(6), 2067–2077. https://doi.org/10.1016/j.chb.2011.08.005 No ámbito educativo, serviu para estudar a adopción de plataformas, tecnoloxías móbiles e ferramentas de ensino en liña por parte de docentes e estudantes. Venkatesh, V., Thong, J. Y. L., & Xu, X. (2012). Consumer acceptance and use of information technology: Extending the unified theory of acceptance and use of technology. MIS Quarterly, 36(1), 157–178. https://doi.org/10.2307/41410412
Ademais, o TAM inspirou o desenvolvemento doutros modelos máis integradores, como o Modelo Unificado de Aceptación e Uso da Tecnoloxía (UTAUT) que combina elementos do TAM con outras teorías do comportamento e que foi validado en múltiples contornas organizacionais (Venkatesh et al., 2003), así como a súa versión estendida, o UTAUT2, orientada ó uso de tecnoloxías por parte de consumidores en contextos non laborais.
Desde a súa formulación orixinal por Davis en 1989, o TAM evolucionou coma un modelo robusto e adaptable que ten axudado a comprender como as persoas se relacionan coas tecnoloxías emerxentes. As ampliacións propostas por Venkatesh e Davis (2000) e Venkatesh e Bala (2008) permitiron refinar a súa capacidade explicativa, incorporando factores sociais, emocionais e contextuais. Hoxe en día, os seus principios continúan a ser fundamentais para analizar a aceptación de tecnoloxías dixitais especialmente nun mundo onde a innovación tecnolóxica avanza a grande velocidade e a súa adopción se converte nun reto tanto técnico como humano.
Notas
Categoría:Comportamento humano Categoría:Tecnoloxía Categoría:Socioloxía Categoría:Psicoloxía Categoría:Wikipedia:Páxinas con traducións non revisadas