Giacomo Quagliata, nado en Palermo o 19 de febreiro de 2000, é un futbolista italiano, que xoga como lateral esquerdo no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria

Comezos Nado en Palermo, comezou a xogar na escola de fútbol que dirixía seu avó, pasando con dez anos á Polisportiva Calcio Sicilia. Durante eses anos formou parte de xeito habitual das seleccións da LND en torneos rexionais e nacionais, incluída a Copa Gaetano Scirea, disputada en 2016.

Pro Vercelli No verán dese mesmo ano someteuse a unha proba co Pro Vercelli e así entrou a formar parte do equipo xuvenil do club piemontés, onde xogou durante dúas tempadas.

Cesión ao Latina No verán de 2018 foi cedido ao Latina, co que debutou na Copa Italia Serie D, nun encontro ante o Vis Artena. O 2 de decembro do mesmo ano marcou os seus primeiros goles, nun partido da Serie D ante o Ladispoli.

Cesión ao Bari Con todo, en xaneiro de 2019 púxose fin á súa cesión e na segunda parte da tempada xogou tamén a préstamo no Bari, club histórico da Puglia que acababa de ser refundado trala súa creba. Con este equipo proclamouse campión da Serie D e logrou o ascenso á Serie C.

Regreso ao Pro Vercelli Para a tempada 2019/20 regresou ao Pro Vercelli e foi confirmado polo novo adestrador Alberto Gilardino para formar parte do equipo. Xogou 16 partidos na Serie C e dous na Copa Italia da categoría, todos como titular. O 5 de outubro de 2019 disputou o derbi contra o Novara, proporcionándolle a asistencia a Gianmario Comi no único gol do partido, só 16 segundos do saque inicial. Nese encontro chamou a atención dun observador do Heracles Almelo, da Eredivisie neerlandesa.

Heracles Almelo En xaneiro de 2020 foi contratado oficialmente polo Heracles Almelo, ao que chegou para ocupar o oco deixado por Lennart Czyborra. Converteuse así no primeiro futbolista italiano da historia do club. Inicialmente foi asignado ao equipo filial e o seu debut co primeiro equipo viuse adiado por mor da pandemia de COVID-19.

Finalmente, despois de debutar co Heracles ante o Telstar na Copa dos Países Baixos, o lateral siciliano disputou o seu primeiro partido na Eredivisie o 22 de novembro de 2020, entrando na segunda metade dunha derrota por 5-0 ante o . Aínda que comezou a tempada á sombra de Jeff Hardeveld, acabou facéndose coa titularidade no equipo dirixido por Frank Wormuth, posición que consolidou trala marcha de Hardeveld. O 3 de abril de 2022 anotou o seu primeiro gol como profesional, abrindo o marcador na vitoria por 2-0 en liga sobre o Fortuna Sittard, converténdose no cuarto italiano en marcar un gol na Eredivisie, despois de Marco De Marchi, Kingsley Boateng e Graziano Pellè. Deixou o club de Overijssel tralo descenso deste ao remate da tempada 2021/22, cun balance total de 58 partidos oficiais, un gol e cinco asistencias.

Cremonese A continuación regresou a Italia, fichando definitivamente pola Cremonese, que viña de ascender á Serie A. Debutou cun gol na Copa Italia contra o Ternana e seis días despois disputou ante a Fiorentina o seu primeiro encontro na Serie A. Nos seguintes dous anos e medio acadou os 72 encontros co club lombardo, a maioría deles saíndo dende o banco de suplentes, e sumou un gol e catro asistencias. Viviu un descenso á Serie B na súa primeira campaña e na seguinte disputou sen éxito a promoción de ascenso.

Cesión ao Catanzaro O 18 de xaneiro de 2025 foi cedido ao Catanzaro, da Serie B. Co club calabrés xogou un total de 18 partidos, sumando dous goles e disputando de novo sen éxito a promoción de ascenso.

Deportivo da Coruña En xullo de 2025 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, da Segunda División. Debutou na segunda xornada ante o Burgos CF en Riazor e axiña se fixo coa titularidade por diante do veterano Sergio Escudero. Rendeu a un gran nivel, xogando tanto de lateral como en posicións máis ofensivas, e sumou dous goles en senllos partidos contra o Córdoba. Disputou un total de 40 encontros, 36 deles como titular, nunha campaña que culminou co ascenso á Primeira División. Debutou na máxima categoría na primeira xornada da tempada 2026/27 contra o Elche en Riazor, saíndo como titular no lateral esquerdo.

Selección italiana O 16 de novembro de 2021 debutou coa selección italiana sub-21, da man do adestrador Paolo Nicolato, nun amigable contra a selección romanesa. O 14 de xuño de 2022 marcou o seu primeiro e único gol co equipo nacional, nunha vitoria por 4-1 sobre Irlanda que significou a clasificación de Italia para a Eurocopa sub-21 de 2023.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos da fase final polo scudetto da Serie D, promoción de ascenso á Serie A e promoción de permanencia na Eredivisie.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesLatina2018/19Serie D19210--202Bari2018/19Serie D1300010140Pro Vercelli2019/20Serie C16020--180Heracles Almelo2020/21Eredivisie 25 0 10-- 2602021/22Eredivisie2911020321Total club5412020581Cremonese2022/23Serie A 20 0 41- - 2412023/24Serie B30030303602024/25Serie B11010--120Total club6108130721Catanzaro2024/25Serie B1520030182Deportivo da Coruña2025/26Segunda38220--402Total carreira 216 7 1519 0 2408

Notas

Categoría:Nados en Palermo Categoría:Nados en 2000 Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do SSC Bari Categoría:Xogadores do Heracles Almelo Categoría:Xogadores do US Cremonese Categoría:Xogadores do FC Catanzaro Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia sub-21