Cai Xuzhe (en chinés simplificado: 蔡旭哲; en pinyin: Cài Xùzhé), nado en Shenzhou (Hebei, China) en maio de 1976, é un taiconauta do Corpo de Astronautas do Exército Popular de Liberación da China, seleccionado como parte do programa Shenzhou.

Traxectoria Naceu en Shenzhou, Hengshui, na provincia de Hebei, en 1976. Neto de mestres, seus avós daban clase en vilas e aldeas e eran veteranos membros veteranos do Partido Comunista antes da fundación da República Popular da China. Cai graduouse na Academia de Voo da Forza Aérea de Changchun e serviu como piloto de combate na Forza Aérea do Exército Popular de Liberación, antes de ser seleccionado como astronauta en 2010. O seu nome foi revelado como parte do Grupo 2 en 2011.

Estivo a bordo da estación espacial Tiangong como parte da misión Shenzhou 14 en 2022, pasando 182 días no espazo. Completou dous paseos espaciais o 17 de setembro e o 17 de novembro, ambos xunto a Chen Dong.

Volveu á Tiangong o 29 de outubro de 2024 como comandante da misión Shenzhou 19. O 17 de decembro de 2024, durante a primeira viaxe extravehicular desta misión, bateu xunto a Song Lingdong o récord do paseo espacial máis longo da historia da humanidade, de 9 horas e 6 minutos. Coa axuda dos brazos robóticos da estación espacial e do persoal científico terrestre, completou tarefas como a instalación de dispositivos de protección contra os residuos espaciais e a inspección e o mantemento de equipos e instalacións externas. Despois de pasar 6 meses no espazo, regresou á Terra o 30 de abril de 2025.

Vida persoal Casou con Wang Yanqing (王颜晴), enfermeira nun hospital militar do Exército Popular de Liberación.

Notas

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Hebei Categoría:Astronautas da China Categoría:Militares da China