Francisco Clivillés Serrano, nado en Madrid en 1869 e finado en 1920, foi un escultor español, que desenvolveu o seu traballo entre os séculos XIX e XX. É autor do Monumento a Rosalía de Castro no Paseo da Ferradura de Santiago de Compostela.
Traxectoria
Estudou escultura na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Discípulo de Samsó, especializouse no retrato. Colaborou con arquitectos como Isidro de Benito en ornamentacións escultóricas. Realizou manequíns para o Museo Arqueolóxico Nacional de España.
Presentouse a unha praza de profesor auxiliar numerario da sección artística (Escultura) da Escuela Superior de Artes e Industrias de Madrid. Seguramente foi tamén afiliado á UGTPARES Portal de archivos españoles.
Recoñecementos
Acadou mencións honoríficas nas Exposicións Nacionais de Belas Artes, sección de Artes Decorativas, en 1895 e 1897. Terceira medalla en 1904 por Sobrepuerta e segunda en 1908 por Mater Dolorosa. Terceira medalla na sección de arquitectura en 1915 xunto con Isidro Benito Notas
Categoría:Escultores de España Categoría:Nados en 1869 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Finados en 1920 Categoría:Personalidades sen imaxes