Valladolid, coñecida historicamente en galego como Valedolide, é unha cidade española situada no cuadrante noroeste da Península Ibérica, no centro de Castela e León, na confluencia dos ríos Pisuerga e Esgueva. É a capital da provincia de Valladolid e sede das Cortes e da Xunta de Castela e León. Así mesmo foi sede da corte castelá e posteriormente, entre 1601 e 1606, capital do Imperio Español. Actualmente é a décimo terceira cidade máis grande de España.
Xeografía miniatura|esquerda|250px|Vista de Valladolid Valladolid está situada no centro da Submeseta setentrional, cunha altura media de 698 m, e hidrograficamente encóntrase emprazada na cunca do Douro. O relevo valisoletano está conformado por unha chaira, interrompida por pequenas series de outeiros, como o Cerro de San Cristóbal, a poucos quilómetros da capital. As coordenadas da cidade son 41°38′ N e 4°43′ O.
Hidrografía Valladolid áchase na confluencia do río Pisuerga e o Esgueva, que xunto coa Canle de Castela e máis a Canle do Douro completan a rede hidrográfica da cidade.
O Pisuerga ofrece na actualidade diversas opcións de lecer e cultura. A embarcación La Leyenda del Pisuerga permite admirar e gozar da natureza sen se mover do centro da capital. Trátase dun barco de 25 metros de eslora e 6 de calado. A súa saída realízase desde a Estación de Embarque (Parque de las Moreras) río abaixo ata a localidade de Arroyo de la Encomienda, podendo, durante a navegación, observar de preto a flora e a fauna da cunca do Pisuerga.
Ademais, Valladolid dispón dunha praia fluvial artificial, a Playa de las Moreras, que permite tomar o sol en pleno centro e incluso darse un baño no propio Pisuerga.
Clima miniatura|250px|Climograma de Valladolid O clima de Valladolid é de tipo mediterráneo continental. O vello proverbio castelán "Nueve meses de invierno y tres de infierno", descríbeo con perfección. As temperaturas son frescas, cunha media anual de 12,3 °C; nos invernos son frecuentes as xeadas (61 días de xeo/ano, como media) e as nevadas, aínda que as nevadas fortes sexan raras, por mor da situación xeográfica da cidade. Os veráns son en xeral cálidos e secos, con temperaturas máximas de arredor de 30 °C, mais con mínimas frescas de abondo. Os récords de temperaturas son 48,2 °C , rexistrada o 15 de agosto de 2003, e -11,5 °C o 14 de febreiro de 1983. No observatorio de Villanubla as temperaturas son aínda máis baixas. As precipitacións, bastante raras, converten a zona de Valladolid na máis árida Meseta Norte, pero distribúense de xeito abondo regular ao longo do ano, sendo os meses máis secos marzo e os estivais. A media anual de insolación é de 2.534 horas, con 71 días de chuvia.
+Observatorio de Valladolid 1971-2000 xan feb marz abr mai xuñ xull agost set out nov dec TOTAL Temp. máxima (°C)8,311,415,016,320,525,930,429,825,718,812,68,818,6 Temp. mínima (°C)0,00,92,34,07,210,713,313,610,96,92,91,36,2 Precipitacións (mm) 403223444733161831425156435
Demografía Posuía unha poboación de 319.943 habitantes (INE, 2006).
Nos últimos anos a cidade de Valladolid perdeu poboación en favor da súa área periurbana, onde proliferan novas zonas residenciais. Esta área metropolitana ten 400.110 habitantes, sendo a 19ª de España en poboación. O encarecemento da vivenda na capital, a falla dunha política adecuada de planeamento urbano e, o acrecentamento dos problemas asociados ao tráfico rodado, provocaron cambios residenciais de carácter centrífugo:
Evolución demográfica de Valladolid desde 1842 Fonte: INEINEbase. Variaciones intercensales. Alteraciones dos municipios nos censos de poboación desde 1842. En liña: http://www.ine.es/intercensal/ Consultado 17-06-2011. Cando se dispón do dato de poboación tomase a cifra máis alta. Nota: Nos censos de 1857 e 1960 increméntase o termo da cidade xa que incorpora a La Overuela e Puente Duero, respectivamente.
Historia Idade Media No século XI, durante a repoboación da Meseta Norte, o rei de León Afonso VI, encomendou ao conde de Saldaña e Carrión, Pedro Ansúrez, o seu poboamento. Ata que Afonso VI outorga o señorío da mesma a Pedro Ansúrez, en 1072, non se produce o medramento da cidade. Ansúrez fixo construír un pazo para el e a súa esposa, Eylo, que non se conserva. Tamén edificou a Colexiata de Santa María (que lle conferíu rango de vila) e a igrexa de Santa María la Antigua. En 1208 Afonso VIII faina cidade cortesá. miniatura|150px|Pedro Ansúrez Logo da morte temperá de Henrique I de Castela e a abdicación de súa mai, Fernando III o Santo obtén, en 1217, o reino de Castela, en acto realizado na praza maior de Valladolid. Durante os séculos XII e XIII, Valladolid sufriu un rápido crecemento, favorecido polos privilexios comerciais outorgados polos monarcas Afonso VIII e Afonso X o Sabio. Dona María de Molina, raíña e rexente de Castela durante 30 anos, arredor do 1300, estabelece alí a súa residencia, engrandecéndoa notabelmente. En 1346 o papa Clemente VI outorga a bula que permite a creación da Universidade. Durante estes séculos, a cidade foi, ocasionalmente, residencia real e sede das Cortes.
O 19 de outubro de 1469 Isabel de Castela e Fernando de Aragón (que sería Fernando II de Aragón) celebran matrimonio, en segredo, no Palacio dos Vivero (sito na actual localización da Chancelaría).
En 1489, estabelécese definitivamente o tribunal da Chancelaría de Valladolid e, en 1500, o da Inquisición, dando lugar á celebración de Autos de Fe.
Idade Moderna En 1506 falece en Valladolid Cristovo Colón, sendo aquí enterrado, no mosteiro de San Francisco. Durante un tempo, a cidade perde os seus privilexios, retirados polo rei Carlos I, en represalia pola adhesión de Valladolid ao levantamento dos Comuneiros, que se lle opuxeran. Máis tarde, porén, Valladolid converteuse nunha das capitais do Imperio español de Carlos, cobrando grande importancia política, xudicial e financeira.
O 21 de maio de 1527 naceu o futuro Filipe II no Pazo Pimentel. En 1561 a cidade foi arrasada por un vasto incendio, tras o cal Filipe II comprometeuse a reconstruír a cidade, dotándoa da primeira Praza Maior regular de España (modelo doutras máis coñecidas, como a de Madrid, de 1617, ou Salamanca, de 1729). A súa decisión de fixar a corte real en Madrid, non só deixou unha catedral a medio construír, senón que supuxo unha época de decadencia, da que a cidade non se comezou a recobrar ata o século XIX. O 10 de xaneiro de 1601, a instancias do valido de Filipe III, o Duque de Lerma, foi trasladada novamente a corte a Valladolid, mais volveuse mudar o 6 de abril de 1606. Entre tanto, naceu o príncipe Filipe (8 de abril de 1605), futuro Filipe IV e súa irmá, Ana de Austria, futura raíña de Francia e nai de Lois XIV. Neste curto período de sede real, Cervantes publicou a súa primeira edición do Quixote (pero en Madrid), en 1604, mentres vivía aquí; tamén residiron en Valladolid, nestes anos, Quevedo e Góngora.
Idade Contemporánea Século XIX O 31 de maio de 1808 foi o dous de maio. A insurrección esperta a preocupación do mariscal de Bessières. Como consecuencia, prepárase a batalla de Cabezón, que se producirá o 12 de xullo, coa derrota absoluta e retirada en desbandada do exército dirixido por García de la Cuesta, reunido en condicións precarias. A cidade foi finalmente liberada polo exército mandado por Wellington en xullo de 1812.
A chegada do ferrocarril a Valladolid, supuxo un grande impulso, marcando a dirección de crecemento da cidade. Durante este século a urbe non medra notabelmente, pero a súa estrutura interna mudo, abríndose novas rúas, prazas e xardíns, como o de Poniente, refórmase o Campo Grande, encánase e desvíase o río Esgueva, o que supón a fin das cheas na cidade. O 22 de outubro de 1887 foi inaugurada a iluminación eléctrica pública en Valladolid.
miniatura|Valladolid nos primeiros anos da democracia Século XX A poboación recibiu a instauración da Segunda República en 1931. O 4 de marzo de 1934, a fusión de Falange Española (o partido de José Antonio Primo de Rivera) e as JONS (de Onésimo Redondo) levouse a cabo nun acto celebrado no Teatro Calderón da cidade.
Despois do Alzamento nacional do 18 de xullo de 1936, Valladolid quedou en mans dos militares rebeldes, bando no que permanecerá ata o final da guerra en 1939. Durante a guerra a cidade foi bombardeada pola aviación republicana o 19 de xaneiro de 1938. Dous días máis tarde, os franquistas responderon cun violento raid sobre Barcelona, que produciu 150 mortos e 500 feridos entre a poboación civil.
Logo da prostración dos primeiros anos da posguerra, desde os anos 50, Valladolid experimenta un importante cambio debido á instalación de industrias automobilísticas (como FASA - Renault) e doutros sectores (Endasa, Nicas).
Cultura Valladolid ten dúas universidades:
Universidade de Valladolid, fundada no século XII, é unha das máis antigas de España e de grande prestixio. É unha universidade pública que presenta distintas facultades e campus, repartidos pola cidade. Ademais dispón de campus noutras 3 provincias de Castela e León: Palencia, Soria e Segovia. Os seus máis de 30.000 alumnos repártense en 25 centros, atendidos por máis de 2.000 profesores e 1.000 "PAS" (Persoal de Administración e Servizos).
Ofrece, ademais dos 25 centros, dunha serie de edificios administrativos, como por exemplo o Palacio de Santa Cruz, onde se sitúa o reitorado ou a Casa do Estudante, onde están o resto de servizos administrativos. O CTI (Centro de Tecnologías de la Información) albérgase no edificio da Residencia Universitaria Alfonso VIII, ao lado da Facultade de Ciencias.
Universidade Europea Miguel de Cervantes, é unha universidade privada de recente creación. Ofrece 11 titulacións que se imparten en catro facultades: Facultade de Ciencias Humanas e da Información. Facultade de Ciencias Xurídicas e Económicas. Facultade de Ciencias da Saúde. Escola Politécnica Superior.
Patrimonio Museos O Museo Nacional de Escultura, de relevancia internacional, está en plena ampliación (proceso que inclúe a restauración do histórico Colexio de San Gregorio, a Casa del Sol, a igrexa de San Benito el Viejo e o Palacio de Villena, este último xa aberto). Entre outros tesouros contén o Retablo de San Benito el Real de Valladolid, obra magna realizada por Alonso Berruguete á súa volta de Italia. No interior da Catedral de Valladolid, proxectada por Juan de Herrera, pero que foi continuada por outros arquitectos como Alberto Churriguera, e aínda inacabada, sitúase o Museo Diocesano e Catedralicio de Valladolid, inaugurado en 1965. A iniciativa é debida ao entón Arcebispo de Valladolid, José García Goldáraz, que seleccionou esculturas, pinturas, ourivería, marfís, ornamentos e outras obras procedentes na súa maioría do tesouro catedralicio e de parroquias extintas da Diocese. No Museo Arqueolóxico de Valladolid (praza de Fabio Nelli) atópanse varias seccións: de arqueoloxía provincial (que alberga mosaicos romanos encontrados na cidade), de belas artes (século XIII a XIX) e de historia da cidade. Existe un proxecto de reforma e ampliación do museo.
miniatura|Museo da Ciencia, na orela do Pisuerga
Museo da Ciencia, Museo Oriental, sito no Convento dos Agostiños Filipinos, edificio de estilo neoclásico, é obra de Ventura Rodríguez. Iniciado en 1759, terminouse en 1930 coa beizón do templo. O Museo Oriental foi fundado en 1908.Recolle unha extraordinaria colección de arte chinesa e filipina desde o século II a.C. ao século XIX. Constitúe unha das máis grandes coleccións de arte oriental que poden ser admiradas en Europa, e sen dúbida, a máis completa de España. Esta grande colección de arte sitúase nesta cidade debido a dúas razóns, Valladolid era a sede central dos Agostiños Filipinos de España, e a segunda, que ao tempo era onde se formaban os futuros misioneiros; por ambos dous motivos traíanse moitos materiais orientais.