George Sand ([ʒɔʁʒ sɑ̃d]),Pronuncia francesa estándar, segundo o alfabeto fonético internacional. pseudónimo de Amantine Aurore Lucile Dupin de Francueil, de casada, baronne Dudevant,Nalgunhas ocasións pode aparecer tamén coma Amandine. nada o 1 de xullo de 1804 en París e finada o 8 de xuño de 1876 en Nohant-Vic, foi unha escritora, xornalista, crítica literaria e dramaturga francesa. Sand é recoñecida coma unha das escritoras máis notábeis do Romanticismo, concretamente do Romanticismo francés, amais de ser considerada coma unha das autoras máis célebres do século XIX.
Traxectoria Foi unha autora feminista, escribiu novelas, novelas curtas, contos, pezas de teatro, críticas literarias, textos políticos... Comprometeuse na política e dise que participou dalgún xeito no goberno provisorio do 1848 en París.
Foi parella do escritor Alfred de Musset e do músico Frédéric Chopin, e amiga de Jules Verne, de quen se afirma que nomeou o protagonista de Un capitan de quince anos na súa honra.
Obra Algunhas das principais obras da autora son:
Indiana Lélia Mauprat Consuelo La Mare au diable La Petite Fadette Les Maîtres sonneurs Le Meunier d'Angibault Un hiver à Majorque Histoire de ma vie As damas verdes (Les Dames vertes), Hugin e Munin, traducido ao galego por Xavier Senín, ISBN 978-84-945403-6-3
Notas
Véxase tamén
Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1804 Categoría:Finados en 1876 Categoría:Feministas de Francia